Cabecera Vide

Vitoria do Bembrive FS

Partido emocionante ata o último segundo. O Bembrive FS enfrontabase ao vixente campión da categoría, o Noia FS. Ao redor de 250 espectadores asistiron ao campo e vibraron ata o asubío final.

O vigueses, que tras a súa gran vitoria se coloca nos postos altos da clasificación, desprazaranse a próxima fin de semana a Salamanca para enfrontarse ao Albense F. S.

Fútbol Sala 2ª Nacional B: Bembrive F.S. 2 - Noia F.S. 1
Bembrive F.S. - cinco inicial: Cuca, Michel, Borrajo, Berni e Ges. Tamén xogaron: Pablo (2), Mario, Jacobo, Suso e Nené.
Noia F. S. - cinco inicial: Martín, Quique, Marcial, Diego (1) e José. Tamén participaron: Marcos, Adrián e Alejandro.
Goles: minuto 5, Diego (0 -1); minuto 15, Pablo (1 -1); minuto 32, Pablo (2 -1).