Manel Fernández sela a continuidade do Centro Comercial Camelias no Programa Siareiros

vide_cccamelias_2013Na sede da Fundación VIDE, na mañá de onte, o Presidente de VIDE e Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, Manel Fernández, e o Director Xerente da Comunidade de Propietarios Camelias Centro Comercial, Ricardo Martínez Abril, selaron, un ano máis, o convenio de colaboración entre ambas entidades.

O Centro Comercial Camelias colabora na dinamización do programa Siareiros, da Fundación Vigo en Deporte, facilitando tres horas de balde, no estacionamento do seu parking, para ver os partidos dos clubs de elite que forman parte do programa Siareiros, en encontros no pavillón das Travesas, coa presentación do carné elite da tempada 2013/14.

cccamelias

www.cameliascc.com