Nove integrantes do Flic Flac ao europeo de acrobática

flic_flac_13Seis ximnastas, dous adestradores e un xuíz son os vigueses que representarán a España no europeo de acrobática que se vai celebrar en Lisboa, esta fin de semana. Aine Márquez, Nerea Otero, Iria Paz na categoría 12-18 e Paula Lago, Belén Gómez, Naiara Díaz en 11-16 serán as ximnastas participantes.

Jael Vázquez, que debuta como adestradora, e Jorge Méndez son os técnicos e Gonzalo Ogando, primeiro galego en puntuar un europeo será un dos dous xuíces da expedición española.

Nove vigueses en busca do éxito continental. "Foron moitos meses de duros adestramentos e imos dar o mellor de nós. Se pasamos á final será un éxito e se non, tamén".

A competición dará comezo o venres pola mañá e, se todo vai ben, chegarán ao domingo.