O Blusens B clasifícase para a Copa Federación

mele_equipo_b_prensaOs vigueses gañan ao Mareantes por 17 a 5 e tómanse a revancha da liga. Ao vencer ao equipo pontevedrés xogará tamén a Copa Xunta de Galicia ante o outro finalista da competición, o Campus Ourense, ademais do CRAT de A Coruña e o Blusens Universidade de Vigo da División de Honra, estes dous últimos clasificados   directamente.

Desta forma o Blusens terá dous dos seus equipos sénior entre os catro aspirantes ao título. Aínda quedan por decidirse as datas do torneo copeiro que inicialmente estaban previstas para a primeira quincena de xuño. A final da Copa Federación está prevista para a próxima fin de semana aínda que se está á espera de coñecer o escenario.

O Sub 20 cae en A Coruña ante CRAT

O equipo xuvenil, con moitos cadetes, caeu no seu partido pola quinta xornada da liga galega ante o equipo coruñés por 19 a 7 e ambos os dous xogarán a liga na última xornada da próxima fin de semana en Vigo, xa que ambos os dous equipos empatan a 13 puntos na clasificación.

Fotografía: partido entre Mareantes e o Blusens Universidade de Vigo B disputado en As Lagoas o sábado.

Autor: Carlos do CAMPO.