O Olivo viaxa a Girona na fase de ascenso a primeira división

O próximo sábado o Olivo viaxará a Barcelona, dende Santiago, para enfrontarse ao Girona F.C. o domingo, no primeiro partido correspondente á Fase de Ascenso a Primeira División. Precisamente nese campo do Girona hai dúas tempadas, ascendeu El Olivo 1-2, con goles de Anair, nun partido inesquecible.

O adestrador, Juan Carlos García Fernández -Charly-, leva quince xogadoras cheas de ilusión por traer un bo resultado de cara ao partido de volta o 26 de Maio no campo Municipal Pahíño (Navia).

A directiva está a facer contactos con empresas e particulares, buscando un patrocinador para xogar na máxima categoría da competición.