O Flic Flac participa, por 8ª ano, no Campionato de España de ximnasia acrobática en Zaragoza

flic_flac_2013Esta fin de semana celebrarase en Zaragoza o 9º Campionato de España de ximnasia acrobática. Será a 8ª vez que o Club Flic Flac participe nun nacional. Esta vez ten de especial que o equipo é moi novo e o máis novo da historia do club vigués. O Flic Flac desprazará 25 ximnastas, 4 nenos e 21 nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.

"Imos dalo todo para volver sendo mellores. Dende logo, pola nosa calidade, aspiramos ao título nacional por equipos e seguro que traeremos moitas medallas. O máis importante é que os ximnastas gocen e aprendan" asegura Jorge Méndez, presidente do club vigués.