Éxito do Vigo Squash na X Copa Ibérica

Vigo_Squash_Copa_IbericaA pasada fin de semana, nas instalacións do estadio do Dragao (Oporto), celebrouse a X Copa Ibérica de squash junior coa participación de case 100 xogadores de toda Galicia e Portugal. O Vigo Squash acudiu cunha vintena de representantes sendo unha vez mais o club mais numeroso e conseguindo uns resultados excepcionais.

O xogador junior, Cio G. Barderas, conseguiu un subcampionato na categoria sub 15 -é sub 13 todavia- baténdose nunha dura final contra Jorge Monteiro -campión sub 15 de Portugal-, Cio obtivo como premio aos seus resultados a chamada do seleccionador nacional para participar no europeo junior sub 15, que se celebrará dentro de dúas semanas.

Así mesmo, conseguiu un subcampionato Paula Franco, aínda no seu primeiro ano na categoría sub 13 nunha final durísima. Na mesma categoría, Marta Domínguez conseguiu a medalla de bronce.

Fantásticos resultados pois para o Vigo Squash no que para algúns era o seu primeiro torneo internacional.