Tablas no Baltasar Pujales

RAPIDOPrimeira parte aburrida, onde ningún dos equipos creou ocasións de gol. Todo o xogo se desenvolveu no centro do campo, sen profundidade e cos dous porteiros como meros espectadores. Mellor o Rápido de Bouzas na segunda parte, que premeu de saída ao Cerceda. Aos catro minutos de xogo, Carnero recibe un balón en profundidade e crúzallelo a Cristopher, que nada puido facer por evitar o gol.

Un tanto que abriu o partido e que obrigou ao cadro coruñés a irse arriba. As ocasións non tardaron en chegar, e seis minutos máis tarde Quique Cubas consegue o empate ao recibir un balón en longo e gañarlle a carreira á defensa aurinegra.

Nos seguintes minutos o partido endureceuse por momentos, e a peor parte levoulla o cadro aurinegro, que acabou cun menos tras a expulsión de Pablo Carnero.


1 – Rápido de Bouzas: Roberto, Marcos, Cotilla, Portas, Alexandre, Sancho (Chema, minuto 59), Fidi, Pablo Fernández (Jacobo, minuto 62), Carnero, Diz e Pardavila (Nando, minuto 77).
 
1 – Cerceda: Cristopher, Noé, David, Josito, Xaco (Borja, minuto 90 ), Quique Cubas, Rodrigo, Gonzalo (Cristian, minuto 79), Alberto Vía (Anxo, minuto 58), Alex Canedo y Pablo Antas .

Goles: 1-0, minuto 49: Carnero. 1-1. Minuto 55: Quique Cubas.
Árbitro: Pérez Prado, auxiliado por Rañón Vileda e Salgado Paz. Amonestou a Portas, Pardavila e Chema polo Rápido de Bouzas e a David, Cristian e Josito polo Cerceda. Expulsou ao aurinegro Carnero no minuto 73.
Incidencias: Encontro disputado no Baltasar Pujales de Bouzas, que registrou unha boa entrada.