As Neves acolle o primeiro circuíto galego sub-13 e sub-17 de bádminton con 70 xogadores

O sábado 24 de outubro 2009 celébrase no Pavillón Municipal de As Neves a primeira proba do Circuíto Galego sub-13 e sub-17 de Bádminton organizado pola Federación Galega de Bádminton e o Club Bádminton As Neves e que conta coa colaboración e patrocinio da Secretaria Xeral para o Deporte, a Fundación Deporte Galego, o Concello de As Neves e Forjados Irmáns Durán.

A competición dará comezo ás 10:00 horas cos primeiros encontros dun total de 160 partidos que se van disputar ata as 20:00 horas.
Nesta competición partipan un total de 70 xogadores representando os clubs galegos: Independente RSL BC e Club Athlos de Ourense, CB Outes, CB Los Sauces de Pontevedra, CB Thebes&Reale A Estrada, CB Rachaplumas de Vigo e en anfitrión CB As Neves.
A competición vaise disputar na categoría sub-13 e sub-17 e nas modalidades de individual masculino e feminino e dobres masculino, feminino e mixto.
Para esta primeira proba os máximos favoritos son os xogadores do CB Thebes&Reale A Estrada e o CB As Neves que ante a súa afección intentará obter o maior número de titulos.

Tres xogadores galegos de cb thebes&reale a estrada participan no circuíto nacional de categorias inferiores en huelva

Del 24 ao 25 de outubro 2009 tres xogadores galegos, Pablo Sanmartin, Xoel Liñares e José Manuel Padin pertencentes ao CB Thebes&Reale A Estrada participan no Circuíto Nacional sub-15 de Huelva que se celebra no Polideportivo Las Américas de Huelva.
Ambos os dous xogadores intentasen loitar polo título sub-15 nas modalidades de individual e dobres masculino.