Cabecera Vide

O xinete Carlos Domínguez recuperou a "Iberconsa Rapid" para a alta competición internacional de saltos

cdCarlos Domínguez recuperou plenamente ao seu cabalo "Iberconsa Rapid", que a fin de semana pasada saltou nunha nova proba do Atlantic Tour de Comporta (Alentejo, Portugal).

"Ten a alta e estamos medindo o calendario", dixo o xinete vigués, que nas vindeiras datas volverá saltar en Portugal (Ponte de Lima, 21 ao 24 deste mes).

Domínguez levou a Comporta a "Iberconsa Dewellie" e "Iberconsa Rapid" co obxectivo de "adestrar" en competición e ao seu regreso amosou a súa enorme satisfacción polos resultados. "Iberconsa Rapid", o seu equino máis veterano, acabou un par de percorridos sen derrubar obstáculo mentres "Dewellie" continúa facendo bos resultados e formándose.

Mentres, a evolución da lesión da egua "Iberconsa Acorada" vai máis lenta. Os seguintes concursos aos que acudirá o xinete vigués de Copa do Mundo serán o de Vimeiro (Portugal), do 4 ao 6 de xuño, e o da Coruña (Centro Hípico Casas Novas), do 9 ao 11 de xullo.