Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Técnicos de catro clubs de Vigo, como monitores no Campus Polideportivo Vide onde aínda quedan prazas

quiqueO próximo martes, día 25, arranca a décimo cuarta edición do Campus Polideportivo que organiza Vide en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Vigo e o Instituto Municipal de Deportes. Unha edición máis, o campus estará dirixido polos mellores profesionais de catro clubs da cidade: Academia Octavio, Vigo Voleibol, Coruxo Fútbol Sala e Celta Bosco.

 

Folla de Inscrición do Campus Polideportivo Vide

Se queres inscribir a un neno o nena de entre 8 e 14 anos ao noso campus, descárgate a folla de inscrición e fáinola chegar a sede da Fundación (Cesáreo Glez, s/n - Pavillón Travesas):

Folla de inscrición (2.18 MB)

Folla informativa (447.76 kB)

 

O Campus Polideportivo de VIDE arranca o 25 de xuño e xa está aberta a matrícula para os nenos e nenas

campus_piscinaComo cada ano retorna o Campus Polideportivo da Fundación VIDE, en colaboración coa Concellería de Deportes e co Instituto Municipal de Deportes (IMD). Aberto o prazo de inscrición este luns, este campamento polideportivo, previsto do 25 ao 28 deste mes (de martes a venres, ao ser o luns 24 festivo) iníciase xusto ao remate do período escolar e goza de recoñecido prestixio por ser unha idea común do deporte vigués, dado que nesta actividade figuran os principais clubs da cidade.

 

Aberto o prazo de inscrición para o Campus Polideportivo Vide

inscricioncampus1Esta mañá abriuse o prazo de inscrición para o décimo cuarto campus polideportivo de Vide, que se celebrará do 25 ao 28 de xuño nas instalacións do Instituto Municipal de Deportes (pavillón das Travesas). Un total de 200 nenos/as -de idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos- participarán, da man das mellores entidades deportivas da cidade, da práctica deportiva dende a súa iniciación ao seu perfeccionamento. As actividades deportivas que se levarán a cabo serán: baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala e hóckey a patíns. Para esta edición contamos coas actividades complementarias novas de cachibol e kimball e as xa habituais como son a piscina e a excursión ás Islas Cíes.

 

O campus polideportivo VIDE abre a súa inscrición o vindeiro 3 de xuño

campus09O programa estrela conxunto de VIDE, o IMD e a Concellería de Deportes xa está en marcha. O Campus Polideportivo 2013 celebrarase do 25 ao 28 do mes de xuño nas instalacións do IMD das Travesas. Para a décimo cuarta edición, a Fundación Vigo en Deporte decidiu manter o mesmo prezo que rexe no campus polideportivo dende 2007. O campamento, para nenos e nenas de 8 a 14 anos, conta con 200 prazas e desenvolverase este ano coa novidade do horario de comezo, será ás 9:00 h. (unha hora antes que as pasadas edicións) e finalizará coma sempre, ás 18:00 h. de martes a venres, ao ser o luns festivo con motivo do día de San Xoán.