Colaboradores
Cuarta xornada do Campus Polideportivo VIDE
- Detalles
A décimo quinta edición do campus polideportivo que organiza o Concello de Vigo, a Fundación Vigo en Deporte e o Instituto Municipal dos Deportes, chega a súa cuarta xornada coas ganas e ilusións intactas dos 200 nenos e nenas que gozan deste evento deportivo dende o pasado luns.
En marcha o Campus Polideportivo VIDE. Horarios
- Detalles
A décimo quinta edición do campus polideportivo que organiza o Concello de Vigo, a Fundación VIDE e o Instituto Municipal dos Deportes xunto cos clubs de elite da cidade, comezou hoxe ás 9 da mañá, cunha puntualidade británica, coa participación de 200 nenos e nenas de 8 a 14 anos. 127 nenos e 73 nenas conviviran durante nove horas diarias e aprenderán os valores do deporte. Ademais, a excursión ás Illas Cíes, obrigatoria cada verán, e que nesta edición celebrarase o martes.
Caballero augura "o éxito" do campus polideportivo de VIDE porque"pertence ao ADN da cidade"
- Detalles
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou onte a decimoquinta edición do Campus Polideportivo VIDE, un evento que se celebrará nas instalacións municipais das Travesas do 23 ao 27 de xuño cunha oferta de 200 prazas para nenos e nenas de 8 a 14 anos. O prazo de inscrición arranca o luns, 2 de xuño na Fundación Vigo en Deporte.
O campus polideportivo VIDE abre a súa inscrición o vindeiro 2 de xuño
- Detalles
A inscrición para o XV Campus Polideportivo VIDE abrirase o luns 2 de xuño ás 9:00 horas nas oficinas da Fundación Vigo en Deporte, no edificio do IMD das Travesas. O programa estrela conxunto de VIDE, o IMD e a Concellería de Deportes, celebrarase do 23 ao 27 de xuño no Complexo Deportivo das Travesas (Avda. Castrelos, 1 de Vigo).
O presidente de VIDE, Manel Fernández, clausurou o Campus 2013 nas Travesas
- Detalles
A décimo cuarta edición do campus polideportivo de VIDE rematou o venres, logo de catro días de actividade, coa entrega de diplomas e sorteo de agasallos do patrocinador Warrior aos 160 nenos e nenas inscritos. O concelleiro de Deportes do Concello de Vigo e presidente da Fundación Vigo en Deporte, Manel Fernández, e o representante de Warrior-Alfico, Pablo Tojeiro, foron os encargados de facer entrega dos agasallos do sorteo entre os e as participantes, que ademais recibiron tamén un diploma da organización pola súa asistencia.