Imprimir

O Campus VIDE Concello de Vigo trasladouse onte a Cíes e hoxe espera a visita de Manel Fernández

cies voleiSegunda xornada a que viviu onte o XVI Campus VIDE Concello de Vigo. Unha ano máis, os douscentos nenos e nenas, acompañados de vinte monitores, pasaron a xornada nas Islas Cíes, o paraíso que aspira a patrimonio da humanidade.

Comezaron a xornada cunha camiñada, os grupos amarelo e laranxa fixeron o sendeiro que conduce ao faro pequeno. Os grupos verde, azul e vermello, animáronse co sendeiro que leva ao faro Monteagudo, estes últimos, con paso máis rápido que os pequenos, visitaron á volta observatorio de aves.

Xa na xornada de tarde, tras o xantar, gozaron de xogos ao aire libre como o voleipraia, pas, frisbi e os máis animados se pegaron un mergullo.

Para a xornada de hoxe, xa no Complexo Municipal de Travesas, esperase a visita do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que a bo seguro felicitará aos nenos e nenas pola súa boa convivencia e os animará a practicar deporte ao longo de todo o ano.

Galería de fotos

Horarios Campus 2015