Imprimir

En marcha o Campus Polideportivo VIDE. Horarios

A décimo quinta edición do campus polideportivo que organiza o Concello de Vigo, a Fundación VIDE e o Instituto Municipal dos Deportes xunto cos clubs de elite da cidade, comezou hoxe ás 9 da mañá, cunha puntualidade británica, coa participación de 200 nenos e nenas de 8 a 14 anos. 127 nenos e 73 nenas conviviran durante nove horas diarias e aprenderán os valores do deporte. Ademais, a excursión ás Illas Cíes, obrigatoria cada verán, e que nesta edición celebrarase o martes.

 

O campamento, coordinado por Quique Domínguez, primeiro adestrador do Academia Octavio de balonmán nas últimas doce tempadas, traballa varios deportes cada día, baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala, hóckey a patins, béisbol rugby, bádminton, ciclismo e piscina, pero tamén é un exemplo de convivencia, porque o alumnado come nas propias instalacións deportivas do IMD baixo a supervisión dunha trintena de monitores de varios clubs de elite da cidade e voluntarios do programa VOVI de VIDE.

O campus rematará o venres cunha xornada de portas abertas para os pais e nais que comezará ás 16 h. na pista central do pavillón de Travesas. A clausura será ás 17 h. coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Rodríguez. Haberá, como todos os anos, un sorteo de regalos e procederase a entrega dos diplomas acreditativos.

Tamén procederase ao sorteo do ciclomotor Piaggio Zip 50 2T, cedido pola empresa colaboradora MOVISA, dentro do programa Siareiros entre os 20.000 boletos que se venderon entre todas as entidades deportivas participantes na campaña.

Horarios Campus Polideportivo VIDE (62.03 kB)