Esgotadas as prazas para o campus das Travesas, aínda quedan para o campamento polideportivo de Samil

IMG 9131

Esgotadas as prazas para o campamento de VIDE nas Travesas, pero aínda non para o de Samil. Os campamentos polideportivos que organiza a Fundación Vigo en Deporte por encargo do Concello teñen confirmado xa o 80% das mesmas, con cupo cuberto no campus das Travesas (24-28 de xuño) e pouco máis de medio cento aínda libres no de Samil (8-12 de xullo). Os campus están dirixidos a nenas e nenos de 6 a 14 anos.

 

VIDE abre este luns as inscricións para os campus polideportivos de verán nas Travesas e Samil, cun total de 300 prazas

campus samil1Nova tempada de campus polideportivos co pulo da Fundación VIDE, da que o Concello de Vigo é membro fundador. Este luns 13 de maio, dende as 8:30 horas, ábrese o prazo de inscrición para o campamento das Travesas (24-28 de xuño) e tamén para o de Samil (8-12 de xullo). En total, trescentas prazas para nenas e nenos de 6 a 14 anos, repartidas coma os anos anteriores: duascentas para a actividade do complexo das Travesas e un cento para a de Samil.

 

O campus de deportes de raqueta en Samil pecha tres semanas de campamentos de VIDE

campus samil1O segundo verán consecutivo dos campus de VIDE en tres complexos deportivos municipais funcionou como se esperaba: enorme aceptación, cuns 400 alumnos e alumnas na suma das tres accións, e éxito do modelo polideportivo posto en marcha polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o verán pasado.

 

Os campus de VIDE voltarán no 2018 despois do gran éxito das iniciativas de Samil e a ETEA

campus samil mdibuja 3O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, Manel Fernández, clausurou o terceiro e derradeiro campus polideportivo organizado pola Fundación Vigo en Deporte para este verán.

Nas tres últimas semanas, sempre de luns a venres e de forma consecutiva, VIDE, dependente da Concellería de Deportes, organizou, ademais do seu tradicional campamento nas Travesas (26 ao 30 do mes pasado), outro no complexo deportivo municipal da ETEA (3 ao 7 de xullo) e o concluído hai uns días nas instalacións de Samil (do 10 ao 14).

 

Manel Fernández aposta por organizar tres campus VIDE, nas Travesas, ETEA e Samil, para potenciar a oferta polideportiva

IMG 5877webA Fundación VIDE, entidade que preside o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou un salto cualitativo e cuantitativo na programación de campamentos polideportivos de verán.