Vinte e catro deportistas sub 23 recibiron onte, no salón de actos da Casa Galega da Cultura, unha subvención da Fundación Vigo en Deporte polos seus éxitos deportivos na tempada 2014/15.
No sinxelo acto de entrega de bolsas, o presidente de VIDE, Manel Fernández, tamén edil de Deportes, estivo acompañado por María José Táboas en representación de PSA Peugeot Citroën, o outro socio fundador do organismo xunto co Concello de Vigo.
As bolsas contemplan subvencións a deportistas empadroados na cidade e que se atopan en período de formación ata a idade promesa (23 anos). Segundo explicou o concelleiro de Deportes, esta iniciativa, na súa segunda tempada consecutiva, supuxo a entrada nas oficinas da fundación de cen solicitudes, polo que o comité executivo tivo que aprobar un corte inicial a 35 finalistas, do que finalmente saíron os 24 bolseiros.
O edil, que se felicitou polo "éxito de participación na convocatoria, recoñecendo que a elección dos becados foi "difícil", tamén anunciou que na filosofía do Concello como socio fundador de VIDE está dar continuidade a este programa no próximo mandato municipal.
Nestas bolsas individuais, que contemplan a particularidade de deportes de dúo, trío ou cuarteto, dezaseis deportistas levaron unha axuda de 1.000 euros e oito (catro parellas, unha de ximnasia acrobática e tres de vai a) repartíronse o millar de euros en 500 por cabeza.
Na análise das axudas, estas chegaron a catorce deportes (un menos que na campaña 2013/14), e as entidades deportivas con máis becados foron o Real Club Náutico de Vigo (sete deportistas, un de remo, cinco de vai a e un de tenis), o Flic Flac (dous deportistas) e o Vigo Squash (dous). A expansión do deporte vigués provocou que as fichas dos bolseiros pertenzan, ademais de clubs de Vigo, a entidades de Cangas, Riveira, Lugo ou Nigrán.
A vela, con seis deportistas (tres bolsas), e o taekwondo, con tres, resultaron as disciplinas con maior número de becados nun acto breve que en menos de vinte e cinco minutos acabou coa tradicional foto de familia.
Os bolseiros:
Nº | Nombre | Deporte | Club |
1 | Carmela Cardama | Atletismo | Comesaña |
2 | Gabriel Fernández | Bádminton | Sin club |
3 | Judith Rodríguez | Esgrima | El Olivo |
4 | Uxía Verísimo | Gimnasia Acro | Flic Flac |
Alexandre Sierra | Flic Flac | ||
5 | Álvaro Muzas | Judo | A.D. Famu |
6 | Sara Viéitez | Lucha olímpica | San Ignacio |
7 | Jorge Casales | Motociclismo | Motoclub Clip |
8 | Jaime de Haz | Remo | Robaleira Cangas |
9 | Álvaro Blanco | Remo | RCNV |
10 | Marta Domínguez | Squash | Vigo Squash |
11 | Icía Riveiro | Squash | Vigo Squash |
12 | Alba Rodríguez | Surf | Prado Surf |
13 | Andrea Vilas | Taekwondo | Gimnasio Tao |
14 | Beatriz Parada | Taekwondo | Natural Riveira |
15 | Lucía Penín | Taekwondo | Gimnasio Kiap |
16 | Antonio Serrat | Triatlón | A.D. Tripenda |
17 | Martín de la Puente | Tenis adaptado | RCNV |
18 | Mario Pérez | Vela / Vaurien | RCNV |
Tirso Cerqueira | Marítimo Canido | ||
19 | Alejandra Suárez | Vela / Vaurien | RCNV |
Helena Pérez | RCNV | ||
20 | Carlota Hernández | Vela / 420 | RCNV |
Ana Carrasco | RCNV |