Axenda

XIX Vig-Bay

Domingo 08 Abril 2018 10:15

A meirande proba atlética popular de Galicia, a media maratón Vig-Bay, sairá este domingo (10:15 horas) de Samil como é habitual e rematará xunto ás pistas de baloncesto de Baiona, en pleno corazón da vila real, despois de pasar por Nigrán. A carreira irá por puntos únicos da costa de Vigo e o Val Miñor.

Serán 21 quilómetros da media Vig-Bay. Os participantes disporán catro avituallamentos de auga e tres máis con esponxas. A saída das 10:15 será para cadeiras de rodas e handbikes. Ás 10:30, para os 5.000 atletas previstos pola organización.

Os puntos máis duros da Vig-Bay son as costas que aparecen a partires do km.3, xusto dende a praia do Vao, e, no quilómetro 15, a subida ao Monte Lourido.

Localización : Avenida de Samil

Volver