Axenda

Cross Coutada Beade

Domingo 08 Abril 2018 10:30 - 14:00

Segunda proba do programa municipal de cross escolar. Este domingo 8 de abril, ás 10:30 horas, no CEIP Coutada Beade vaise organizar a 42ª edición do Cross Coutada Beade, carreira integrada na liga escolar de campo a través que patrocina o Concello de Vigo e organiza a Asociación de Xóvenes Atletas. Despois da cita atlética para nenas e nenos do colexio Monterrey, quenda para o centro de ensino situado no Camiño Alén. As probas, no interior do colexio e na súa contorna.

Localización : CEIP Coutada Beade

Volver