Vigo é un terreo de xogo que desenvolve unha gran oferta de actividade deportiva a través de 230 clubs en máis de 40 disciplinas. SIAREIR@S ofréceche a posibilidade de poder participar directamente destas actividades e colaborar con os clubs adscritos ao programa a través da tarxeta de socio SIAREIR@.
Para facerte siareir@ podes ir ás oficinas do club , e alí cumplimentar o formulario de inscrición.
CARNÉ SIAREIR@
Con esta tarxeta, que custa 5 euros, preténdese desenvolver unha campaña de dinamización para a captación de socios das entidades deportivas de Vigo ofrecendo un producto moi interesante para todas as persoas interesadas na actividade deportiva.
Vantaxes para as entidades adheridas ao programa Siareir@s CLUB:
1) Participar no programa de promoción de captación de socios a través da autorización para a dinamización da Tarxeta Siareir@.
2) Obter as vantaxes da xestión de socios a través do programa de VIDE Siareir@s.
3) Ser beneficiario das promocións exclusivas do programa SIAREIR@S, descontos en empresas colaboradoras, participación en promocións, estar presente na páxina web de VIDE, etc.
4) Obter as axudas para o uso das instalacións deportivas municipais.
5) Xestionar a través de Siareir@s a captación de empresas colaboradoras.
6) Ofrecer a todos os socios e socias as vantaxes do carné Siareir@ Club.
Vantaxes do CARNÉ SIAREIR@ :
1) Participar directamente da actividade do club a través do cal te fas Siareir@.
2) Como socio Siareir@ poderás obter grandes vantaxes:
- Participar en sorteos promovidos dende a Fundación VIDE.
- Ter descontos especiais en comercios adheridos ao programa Siareir@s.
- Recibir información de interese deportivo da cidade de Vigo.
- Ter acceso persoal ás accións dinamizadas dende a Fundación VIDE para o programa Siareir@s.
- Participar a través da web da Fundación VIDE.