A competición Vigo en Xogo inclúe o fútbol 11 na súa oferta de deportes 19/20 e abre o seu prazo de inscrición para a modalidade

Cartel Vigo en Xogo fútbol 11A Agrupación Deportiva Vigo que preside Alejandro Costas amplía a súa oferta para o programa Vigo en Xogo. Para a tempada 2019/20 a organización destes torneos recreativos incluirá un campionato de fútbol 11 para xogadores de 18 anos ou máis á súa vasta proposta deportiva, pois o calendario xa comprende tres modalidades: fútbol 7, fútbol sala e baloncesto.

"Hai un ano varios equipos pedíronnos que estudásemos a incorporación do fútbol 11 á nosa oferta, pero cando fixeron a solicitude non había tempo material para iso e comprometémonos a valoralo. Agora estamos en condicións para crear a liga de fútbol", explica Costas.

O programa de Vigo en Xogo, que reúne a deportistas non federados, moveu uns 2.000 xogadores a campaña 18/19, sendo así a meirande competición de cantas propóñense na cidade para o deporte recreativo, que non depende de federacións deportivas.

Agora, o prazo de inscrición está aberto para o fútbol 11 (o das outras modalidades está en marcha dende hai días) e a tempada empezará en outubro, do mesmo xeito que o resto de campionatos fixados.

A A.D. Vigo, co apoio do Concello, organiza competicións recreativas dende 1992, pero foi en 2001 cando os torneos adoptaron a denominación actual de Vigo en Xogo.