Cabecera Vide

Xornada de clausura da Liga de Natación Escolar Concello de Vigo

natacionDende a concellería de Deportes  estase a desenvolver a Liga de Natación Escolar Concello de Vigo, orientada a nenos e nenas de educación primaria da nosa cidade e enfocada basicamente ao fomento e a promoción da práctica da natación entre a poboación escolar.

Case 300 novos nadadores e nadadoras participaron en cada unha das primeiras dúas xornadas desta iniciativa cun ambiente excepcional. A última xornada terá lugar este domingo, 8 de xuño, na piscina municipal do Carme en horario de 9.45 h. a 13.30 h.

Esta iniciativa, que naceu co obxectivo fundamental de motivar aos e as escolares a que participen no deporte, continuará co firme propósito de achegar un ámbito lúdico de competición no que os nenos e as nenas gocen dunha actividade deportiva tan saudable como a natación.