O vigués Miguel Méndez gaña a Copa de Italia co Familia Schio

miguelMiguel Méndez, adestrador vigués do Familia Schio italiano, logrou a pasada fin de semana a Copa de Italia despois de dobregar na final ao Gesam Gas Luca por dez puntos de diferenza, 71-61. O equipo que adestra Méndez, é líder na Liga Italiana e ocupa un excelente posto na Euroliga. Miguel, dirixiu o Celta entre as tempadas 2000 e 2011. Tras deixar Vigo marchou ao Rivas Ecópolis, ao que dirixiu nas dúas últimas tempadas. Adestra o equipo italiano dende a presente campaña, tras fichar por dous anos.