O Club Vigo non pode con Lugo

Nunca tan doado tívoo o conxunto vigués para poder traerse os tres puntos do feudo dos lugueses, xa que estes últimos estaban relaxados pola súa posición na táboa, mentres que os vigueses están necesitados de puntos para escapar da última posición. Os continuos fallos vigueses, tanto en recepción coma en ataque, foron os que minguaron as ilusións visitantes nun partido que se presentaba propicio para poder saír do pozo no que están metidos os representantes olívicos.

O primeiro set comezou con moita igualdade e empates sucesivos, pero a medida que o set transcorría eran os vigueses os que se poñían por diante. Desta forma chégase con dous puntos arriba para Vigo no primeiro tempo técnico, 6-8, diferenza que a ampla a catro puntos no segundo tempo, 12-16. A partir dese momento recortan os locais e conseguen empatar o set a 19 puntos polos erros dos visitantes. Final de set apertado que resolven os vigueses con mellor acerto na súa defensa.

O segundo set foi o mais igualado xa que dende o seu comezo os algarismos non daban a ningún por vencedor. Foron os locais os que se adiantaron no marcador cando o set finalizaba. Puxeron por diante dous puntos 24-22 pero os vigueses foron capaces de empatar a 24. Nese momento facía falta sangue frío para poder levarse o set pero isto non sucedeu xa que os locais foron o suficientemente expertos para levarse o set con dous fallos dos vigueses.

O terceiro set comezou sendo favorable, novamente, para os vigueses, pero os erros visitantes facían que os puntos se fosen á cuadrícula dos locais. De tal forma que se pasa de ir gañando por catro puntos a ir perdendo por catro 24-20. Non fixo cambios o técnico vigués co que a recepción visitante cada vez era mais difícil para poder realizar os ataques e cando era boa estes mandábanse fóra do campo ou tropezaban contra o bloqueo lugués co que o set finalizou por esa diferenza de dous puntos.

O cuarto set comezou con vantaxes para os locais de ata cinco puntos 8-3 pero púxose de manifesto que cando os vigueses acertan nos seus movementos poden chegar a igualar o set e isto foi o que aconteceu ata se poñer por diante de dous puntos 12-14. A partir dese momento novamente apareceron os nervios nas filas viguesas e encollíalles o brazo á hora de atacar ou era o bloqueo rival o que lles podía devolver os balóns. Pero tres bos ataques e dúas grandes defensas visitantes fixeron que o marcador fose favorable aos vigueses por tres puntos, 17-20. Pero isto foi soamente un espellismo xa que volveron fallar, e xa foron demasiados fallos, os visitantes para darlle ás os locais e empatar o set a 21 puntos. Moita tensión nos momentos finais do set e novamente un sauqe e dous ataque fóra deron ao traste coas ilusións visitantes.

Agora toca seguir traballando para poder rabuñar algún punto nalgún encontro contra equipos verdadeiramente superiores ao vigués que os lucenses nestes momentos non o son nin o foron ao longo do encontro, aínda que visto de desta tarde pode ser verdadeiramente difícil aínda que non deben relaxarse e seguir loitando porque a vitoria chegará nalgún momento.

EMEVE 3 CLUB VIGO 1
Parciais: 21-25 (25m.) 26-24 (29m.) 25-23 (30m.) 25-23 (30m.).
LUGO.-Romeral; Bouza; Zayas; Macarro; Rodríguez e Mateo. Líbero Castaño. Tamén xogaron: Rozas e García.
VIGO.-Sánchez; Parga; Mateo; Rodríguez; Galego e Alonso. Líbero Cali. Tamén xogaron: Oscar Sánchez , Pablo Penedo e Linares.
Árbitros: Saboroso e Fernández. 
Pavillón Municipal de Lugo.- 150 espectadores.