Cabecera Vide

Tablas para Las Cinco Jotas

Partido moi disputado entre dous equipos da zona media da táboa, Las Cinco Jotas Unión Balonmán Lavadores e  Vitaldent BM. Pontevedra (32-32) en Lavadores, a pesar de que o equipo vigués levou sempre a iniciativa no marcador. Os locais tiveron ao seu favor diferenzas que chegaron ata os seis goles.

Na segunda metade a expulsión do porteiro visitante un tanto discutida, levou ao partido a unhas fases de xogo moi duro e onde os locais empezaron a fallar o fixo que os de Pontevedra empataran o encontro, a falta de 14 segundos para o asubío final, grazas a un penalti moi discutido.

Empate que soubo a vitoria aos visitantes e mal sabor de boca para os de casa. A próxima fin de semana derbi vigués, o Cinco Jotas U.B. Lavadores enfrontarase ao Magope Seis do Nadal na súa cancha, o pavillón de Coia.