O Blusens Universidade retoma os adestramentos no CUVI, xa coa incorporación do internacional español Lionel Pardo

rugbyO Blusens Universidade de Vigo comezou os adestramentos do 2014 inmediatamente despois do ano novo, xa que Monreal e Mera convocaran aos xogadores dende o pasado xoves 2 de xaneiro. Os adestramentos retomaronse, onte, nas instalacións deportivas da Universidade de Vigo.

Aos adestramentos incorporouse Lionel Pardo, que chega como reforzo da terceira liña. O xogador de 190 cm, 110 quilos e 23 anos, foi internacional en varias ocasións coa selección española e ten experiencia no rugby francés no USAP Perpignan del Top 14. Un xogador que achegará experiencia e dinamismo ao pack de dianteiros vigués.

Como a liga se detivo ata o sábado 25, cando o Blusens Universidade de Vigo enfrontese ao Getxo en As Lagoas, o corpo técnico acordou un partido amigable ante Ferrol Rugby Club, como agradecemento á cesión de Francisco Usero "Pakito" para os partidos de decembro, que xogarase este sábado dende as 16.00 h en A Malata. Monreal e Mera queren ao equipo en forma para afrontar esta segunda volta e seguir crecendo en canto a base de xogo e resultandos, e desta forma seguir escalando na clasificación e afastarse dos postos de descenso e promoción.