Subvención aos clubs deportivos

A Deputación de Pontevedra publica no BOP de hoxe as bases da subvención a entidades e clubs deportivos para apoiar o deporte de competición federado para o ano 2014. Esta convocatoria, destinada a clubs deportivos federados, márcase como obxectivo específico apoiar as entidades deportivas nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, convocados por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas, nas modalidades deportivas de implantación na provincia de Pontevedra, conforme o disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local e demais normativa de aplicación.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

LUGAR

As solicitudes poderán presentarse no rexistro xeral da Deputación:

— Sede Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (horario de luns a sábado)
— Sede Vigo: Rúa Oporto, 3 (horario de luns a venres)

Ou tal e como se establece no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. no caso de presentar a solicitude nunha oficina de correos, farase en sobre aberto para que as solicitudes sexan datadas e seladas polo funcionario correspondente.

PRAZO

o prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín oficial da Provincia (08/01/2014).

Orzamento: 400.000 €

Bases publicadas no BOP núm. 4, do mércores 8 de xaneiro de 2014

Remate do prazo de presentación de solicitudes: 7 de febreiro de 2014

 B.O.P. 8/01/2013 (1.07 MB)