Manel Fernández apoiou a tradicional marcha popular Bicis non Nadal do Club Ciclista Vigués

BicisManel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo sumouse o pasado domingo á tradicional marcha popular Bicis no Nadal que organizou o Club Ciclista Vigués-Autrónic. A xornada puxo o broche de ouro ás actividades para conmemorar o 50 aniversario do rexistro da Real Sociedade Española de Ciclismo.

Os deportistas partiron da Porta do Sol e deron un rodeo a todo o centro da cidade para regresar ao lugar de inicio despois de cubrir unha distancia de trece quilómetros. A marcha foi un éxito a nivel deportivo e de organización.  

Manel Fernández felicitou ao club vigués polos seus éxitos conseguidos e o traballo realizado a favor do deporte local.