Ibiza foi superior ao Vigo

O encontro do pasado sábado comezou con moita igualdade no marcador e sempre por diante o conxunto vigués. As diferenzas pequenas pero servían para animar aos xogadores o público que presenciou o partido en directo. Os insulares despegáronse no marcador despois do empate a 17 puntos. Nese momento ensinaron todo o que poden facer e leváronse o set con certa facilidade.

O segundo comezou igual que o anterior pero neste caso os que ían por diante eran os visitantes. Ao primeiro tempo técnico chegouse cunha diferenza de dous puntos, 6-8. A partir deste marcador pouco podían facer os vigueses ante a envergadura visitante e sobre todo ante o xogo que estaba a distribuír o seu colocador Folguera.

O terceiro set supuxo un gran cambio nas filas locais. Mellorou a recepción e como consecuencia mais posibilidades de ataque. Isto supuxo que dende o comezo a igualdade fose total ata que se chegou ao momento mais emocionante do partido xa que o marcador sinalaba un empate a 22 puntos e con saque vigués. Os locais en dous bos bloqueos e unha gran defensa foron capaces de levar a ilusión ás bancadas.

Ilusión nada mais xa que ao comezo do cuarto set os visitantes xa comezaron con grandes diferenzas no marcador se ben é certo que este parcial o disputaron todos os xuvenís mais Pablo Parga, pois o seu técnico Sánchez dirixiu o equipo dende la banda. Isto notouse e afecto aos seus xogadores aínda que debemos dicir que souberon respondes nalgúns momentos do set.

Finalizou a primeira volta e os vigueses ocupan a última posición da clasificación pero esperanzados a que co comezo do novo ano poidan vir mais vitorias e escapar dese posto que non lles convén nada. Que os lesionados se recuperen e que o sábado día 11 de xaneiro poidamos ver a un conxunto vigués mais aguerrido e facendo fronte a aqueles equipos que con mais presuposto non están a marcar o que espera deles.

CLUB VIGO 1 C.V. IBIZA 3
Parciais: 19-25 (25m.) 17-25 (23m.) 25-23 (29m.) 14-25 (22m.)
VIGO; Sánchez; Alonso; Parga; Rodríguez; Mateo e Linares. Libre Cali. Tamén xogaron: Penedo; Peláez; Oscar Sánchez e Nathan.
IBIZA; Solainas; Ronchi; Costa; Guerreiro; Fidalgo e Folguera. Libre Sánchez. Tamén xogaron: Borges; Esteban e Oliva.
Árbitros; Folgar e Olea. Ben.
Pavillón de Coia. 150 espectadores. Control antidopaxe para dous xogadores de cada Club.