A final da Copa Vigo de fútbol afeccionado xogarase no estadio de Balaídos o vindeiro 13 de xuño

rapidobA final da Copa Vigo 2010 de fútbol afeccionado, na que participan clubs de 1ª, 2ª e 3ª Autonómica xogarase o 13 de xuño no estadio municipal de Balaídos.

Así o acordou a delegación viguesa da Federación Galega de Fútbol tras estudar a data máis conveniente e co apoio do Real Club Celta e da Concellería de Deportes do Concello de Vigo.

A edición deste ano entra na súa cuarta semana de competición coa disputa dos dous últimos partidos de cuartos de final este mércores e xoves.

Por fin salta ao céspede o vixente campión, o Rápido de Bouzas B, de Primeira Autonómica (exento de cuartos como cabeza de serie), que terá un derbi dos de outrora, pois o seu rival será o segundo equipo do Gran Peña, de Terceira Autonómica. O Gran Peña é o único equipo en liza (o Coia xa caeu a semana pasada) que participou na primeira edición da Copa Vigo, no ano 1933.

Clasificados o Alerta Travesas, finalista o ano pasado e gañador en 2008 e 2009, e o San Esteban para a primeira semifinal, a cita de Balaídos está xa a tres partidos polo medio. En semifinais está confirmada a reedición do mesmo cruzamento de 2009 entre Alerta e San Esteban.

A Copa Vigo comezou a finais de abril con dezaseis equipos en liza e xa só seis en competición. Se Neto e Bouzas B conseguen vencer esta semana, o trofeo máis antigo do fútbol local (nacido en 1933) repetiría as semifinais de 2009.