A selección galega sénior feminina de baloncesto presente no II Torneo das Nacións

A Federación Galega de Baloncesto estará representada pola Selección Galega Sénior Feminina no III Torneo Feminino das Nacións, competición que se celebra este sábado e domingo, 22 e 23 de maio, na localidade vasca de Durango. 

Trátase dun cuadrangular no que toman tamén parte as seleccións de Catalunya, Lituania e País Vasco e que terá como sede ao Polideportivo Landako (Durango). O rival inicial das galegas será a Selección Lituana nun encontro programado para as 19.15 horas do sábado. Precedendo a este duelo, celebrarase a outra semifinal do Torneo protagonizada por Euskadi e Cataluña. (17.00 h). Finalmente, na xornada do domingo, 23 de maio,  disputaranse os encontros do 3º e 4º posto (10.00h ) e a final (12.00 h).

O equipo
O novo adestrador do Socinsa Bembibre (LF2), "Chiqui" Barros, é o encargado, por segundo ano consecutivo, de afrontar a tarefa de seleccionador galego feminino absoluto.  Nesta ocasión, o ferrolán está acompañado na súa labor de dirección de equipo por Susana Arca, adestradora do C.B. San Pelayo de Liga FGB Sénior Feminina.

A relación de xogadoras convocadas por ambos os dous adestradores está composta por Arantxa Novo, Bárbara Lamelo e Sandra Entenza como bases; Lidia Gesteira, Sara Gómez e Alejandra Nogueira como escoltas; Andrea Ríos e Ana Román como pívots; Regina Gómez e Arantxa Mallou como aleros; e Marta Díaz Pache e Mónica Jorge como ala - pívots.

Todo o equipo ao completo de xogadoras e corpo técnico reunirase en Santiago de Compostela o vindeiro venres, 21 de maio, para realizar en horario de mañá exercicios de adestramento e partir, tras o xantar, cara terras vascas.

Antecedentes
O Torneo das Nacións conta xa con dúas edicións ás súas costas nas que o palmarés de Galicia rexistra un segundo posto na edición celebrada en Compostela no ano 2008, con derrota na final ante Catalunya (51 - 66), e unha cuarta posición colleitada o pasado ano 2009 tamén ante a Selección Catalana (63 - 50).