Xabier Alonso recibe ás seleccións de Galicia e Gran Bretaña de balonmán, que xogan o venres nas Travesas

cerilloA selección de Galicia senior masculina de balonmán e a súa rival de Gran Bretaña asistirán este xoves (13:00 horas) á recepción que lles ofrecerá o Concello de Vigo, por mor do partido amigable que disputarán ambos equipos este venres no Pavillón Municipal de As Travesas (20:45 horas).

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibirá a os dous equipos na Planta 11 da Casa Consistorial. Galicia e Gran Bretaña xogarán no IMD de As Travesas, con entrada gratuíta, o primeiro dos tres amigables previstos dende o venres ata o domingo.

Os outros amigables, en Cangas e Camariñas. Na selección, que adestran os vigueses Fran Teixeira e Alejandro López, hai tres xogadores do Pilotes Posada vigués, Javier Díaz, "Cerillo" Fernández (na imaxe) e Iván Infestas, o que dá unha maior cercanía ao encontro.