Vitoria do Celta Caixanova na xornada inaugural do Campionato de España junior de baloncesto feminino

celtajr1O Celta Caixanova debutou no XXX Campionato de España junior feminino con triunfo por 60-49 diante do Donosti vasco.

Un gran inicio de partido do equipo vasco, liderando o marcador nos dous primeiros cuartos, levaba ao equipo de Jiménez a postularse como favorito chegado o descanso (24-31).

Porén, e a pesar da efectividade de Segues baixo os aros (18 rebotes e 29 de valoración ao final do partido), a reacción do Celta chegaría no terceiro cuarto.

Baseando a súa estratexia na calidade do seu quinteto inicial, as de Miguel Méndez impuñan o seu estilo de xogo e dábanlle a volta ao partido cun parcial de 22 a 12 a falta de 10 minutos para a conclusión do choque.

Tras unha tímida reacción do Donosti, as galegas, coa internacional sub 18 Marina Delgado a un rebote de asinar dobres figuras (21 puntos e 9 rebotes), souberon administrar a súa renda e asinar a súa primeira vitoria no campionato por 60-49.

Mañá mércores, e dentro do seu grupo de tres equipos, o Celta xoga no polideportivo Oñón de Mieres (Asturias) ás 12:00 horas fronte ao campión de Andalucía, o Portuense El Centro Inglés, do Porto de Santa María (Cádiz). Unha vitoria daría o pase matemático a cuartos de final ás celestes, que aínda perdendo por menos de 11 puntos estarán nos cruces polo título.

Estatística celta vs donosti (65.62 kB)