As curmás Llópiz, do Náutico de Vigo, acadaron o tricampionato do mundo de vaurien en Francia

turism1As curmás Llópiz, a canguesa Lucía e a viguesa Laura, bicampioas do mundo de vaurien, repetiron este sábado título planetario en Douarnenez (Francia), durante a disputa do 51 Campionato do mundo desta clase.

Pertencentes ao Real Club Náutico de Vigo, Laura é ademais bolseira VIDE 2010.

Na localidade francesa terminaron en vixésimo lugar absoluto sobre 69 tripulacións e alzáronse co título feminino, ao que aspiraban barcos de Holanda, Bélxica, Italia e España, entre outros países, xa que a flota era de ata once nacións.

Tras descartar os dous peores resultados das once regatas, as Llópiz sumaron 196 puntos, seis menos que as súas máis directas perseguidoras, as irmás Camille e Caroline Guilloux (Francia), do Sports Nautiques Sablais.

As Llópiz, número 1 do ranking nacional entre as mulleres e campioas de España, revalidaron así o seu título de Eslovaquia 2010 e Alemaña 2011.

O Mundial de 2013 terá lugar en Sanxenxo. E en Marina di Grosseto (Italia) será en 2014. Para 2015 hai unha candidatura dos Países Baixos e de Portugal e Túnez en 2016.

A imaxe que apoia esta información é de 2011 no Centro de Recepción de Visitantes de Turismo de Vigo, na Laxe, cando VIDE fixo unha das campañas promocionais dos éxitos dos deportistas que apoia. Llópiz é a primera pola dereita, de pé.