Importante vitoria do Olivo Caixanova

Novos 3 puntos na cuadrícula do Olivo Caixanova, moi importantes para asegurar o segundo posto, xa que o primeiro é xa inaccesible e só unha catástrofe afastaría o líder o Reocín de conseguir o titulo de liga.

Quedan 12 puntos en xogo e adiantan ás viguesas en 12 puntos. Mentres que O Olivo vixía polo retrovisor ao terceiro clasificado o Pontevedra, que será o próximo rival do Olivo despois do parón de dúas semanas que os espera, a 9 puntos das viguesas.

O partido de hoxe presumíase moi complicado para as viguesas, xa que o Gijón adoita vender cara as súas derrotas. O partido empezaba cunha loita en medio campo intentando facerse co control do xogo. Todo parecía un partido complicado, e o seria mais cando no minuto 21 nun corner Ainara adiantaba as visitantes. Este é un mal que vén padecendo nos últimos partidos O Olivo que encaixo varios dos últimos goles en corners.

Pero 4 minutos mais tarde nunha falta non sinalada polo colexiado e reclamada por unha xogadora, o Gijón quedaría con 10 xogadoras. De aquí ao final O Olivo insistiu e dispuxo de varias xogadas de perigo. pero o gol tardaría en chegar cando un tiro de Clo era rematado por Sara ao fondo das mallas. Un gol dos chamados psicolóxicos.

Así remataba un bo primeiro tempo. No comezo do segundo, O Olivo saía decididamente ao ataque e así obtiña premio Claudia cando marcaba o 2-1 no minuto 3 da segunda parte. O Olivo ataba as mans ás visitantes, e no minuto 7 da segunda parte penalti a favor das olívicas por unha man dentro da área. Ana Buceta seria a encargada de lanzalo pero non tivo fortuna xa que a porteira adiviño as intencións e detivo a pena máxima.

O Olivo dispoñía de moitas ocasións para incrementar a súa vantaxe pero unhas veces a súa falta de puntaría, outras a porteira visitante e outras a mala fortuna impedíanlle de incrementar a súa conta.

E volvería ser Claudia no minuto 80 cando aproveita un rexeite da porteira na área para subir o 3-1 ao marcador. De aquí ao final o arbitro expulso ás visitantes Eva e Jessica, que xogaron case 10 minutos con 8 xogadoras, onde O Olivo campo aos seus anchas polo terreo de xogo.

Ao final 3 puntos para as viguesas que intentan asegurar a segunda praza.

Olivo Caixanova: Carlota, Cris (min 75 Vicky), Alba, Cuchi, Sara, Ana Buceta, Claudia, Clo, Loty (min 66 Lucia), Sarita e Marta

Gijón: Covin, Montserrat, Aurora (min 77 Raquel), Julia, Ainara( min 87 Vanesa), Julia, Estefania, Ursula, Eva, Jessica e Lara(min 60 Nuria)

Árbitro: Jose Luís Gonzalez Portela

Tarxetas: Amoesto por parte local a Cris, Loty, Sara e Sarita. Por parte Visitante amoesto a Ainara, Ursula e Nuria. Expulso tamén a Julia, a Eva e a Jessica.

Goles: 0-1 min 21 Ainara; 1-1 Min 41 Sara; 2-1 Min 48 Claudia; 3-1 Min 80 Claudia