Derrota do Uorsa en Vecindario

O primeiro set sempre con vantaxes dos locais que chegaron ao primeiro tempo técnico cunha vantaxe de tres puntos, 8-5. Os cambios de saque mantivéronse co que a igualdade no marcador tamén.

Os vigueses só reduciron nun punto a diferenza ata chegar o segundo tempo técnico. Tras este parón os locais conseguiron poñerse 22-19, a solo tres puntos de levar o set. A partir de aquí houbo unha reacción dos vigueses que conseguiron a igualdade a 24 puntos e dous balóns de set. Pero os locais aproveitaron a condición de xogar na casa para impoñerse por 27-25.

Esperaba un segundo set moi disputado. Pero o seu inicio foi todo o contrario, 4-0 para os tinerfeños. Un tempo técnico do adestrador vigués puxo as cousas no seu sitio e fixo que se chegase con dous puntos de vantaxe ao primeiro tempo técnico. A partir de aquí a diferenza mantívose. Pero varios erros dos vigueses fixo que os locais lograsen tres puntos de vantaxe para poñer 16-13. Final de set moi emocionante xa que os visitantes lograron novamente unha vantaxe de dous puntos 19-21. Non foi suficiente xa que o tinerfeños apuraron o set e leváronllo por 26-24.

O Uorsa Vigo, quería pero non podía. Había algo que non lle facilitaba finalizar os sets e gañar os parciais. Todo o contrario pasou no terceiro. Dende o principio os vigueses levaron a iniciativa aumentando as vantaxes co transcurso do set. Chegouse ao segundo tempo técnico cunha vantaxe de 5 puntos. Esta vantaxe aumentouse ata chegar ao final do set por 16-25.

No cuarto set cambiaron as tornas e os locais non cometeron ningún erro e levaron claramente este set. Con vantaxes que nunca eran menores a dous puntos lograron chegar ao 10-8. A partir de aí a intensidade dos vigueses baixo e os tinerfeños levaron o set e o partido.

En resumo. Un bo partido disputado por o vigueses que desgraciadamente non lograron ningún punto. A pesar desta derrota mantéñense a 7ª posición na táboa e intactas as opcións de manter a categoría.

Tenerife Sur 3 Uorsa Vigo 1
Set Duración Resultado
1º 0.29 27-25 2º 0.26 26-24 3º 0.17 16-25 4º 0.26 25-18
Tenerife Sur: H.Lino, Hernández-Siverio An, French, Lamus Liovi, Hernández RAyco, Ismael Ramos. Libre ZEBEN. Tamén xogaron N. Fernández, Burke e Andonai Cáceres
Uorsa Vigo: Díaz-Romeral, Branco, Sátiro, Mahía, Guerreiro, Dimitrieski. Libre Rodríguez.
Árbitros: Bernaola Sánchez Juan Mario, Suárez Ucar Hugo
Un partido moi disputado que ben podíase gañar xa que os parciais foron moi igualados.