A escola do Ciclista Vigués inicia un novo curso

paula_ccviguesA historia continúa despois de 50 anos de éxitos deportivos e humanos. O Club Ciclista Vigués - Autronic abre mañá sábado o novo curso da escola de ciclismo 2013/2014. Atrás vai quedando xa a campaña dos seus 50 anos no Rexistro na Federación Española de Ciclismo, na que volveu presentar ciclistas en todas as categorías, dende principiantes ata elite, unha constante case permanente neste medio século, pois o seu primeiro equipo, con presenza ininterrompida no pelotón nacional dende 1975, é tamén o decano do ciclismo español.

A próxima será a 40 tempada da formación elite-sub 23 do conxunto vigués, e iso en ciclismo é case unha heroicidade. Por el desfilaron grandes corredores como Blanco Villar, Manuel Carrera, Jesús Rodríguez Carballido, José Luis Felpete, José González, Javier e Moisés Leboso, Evaristo Portela, Marcos Montañés, José Ángel Vidal, Sánchez de la Rocha, Jenaro Prego, Gustavo Otero, Gonzalo Aguiar, David García, Enrique Salgueiro, Serafín Martínez, Ramón Troncoso... un amplísimo ramallete do máis granado do ciclismo galego nestes 40 anos.

Nesta última campaña foron, non obstante, as féminas as que portaron con maior esplendor o facho do éxito no histórico club. Paula Sanmartín conquistou en León o campionato de España de contra o reloxo, despois de conseguir tamén o campionato de Galicia de fondo. Carla Fernández, pola súa banda, sentaba un precedente, así mesmo, de altura, ao lograr nada menos que cinco vitorias en competicións conxuntas con ciclistas de categoría masculina.

Mañá chegará á pista de rodadura de As Travesas unha nova remesa de aprendices de ciclista, dispostos a internarse no fascinante mundo de la bicicleta. Para o Club Ciclista Vigués - Autronic será un elo novo que sumar á súa longa cadea de éxitos deportivos e humanos.