Baixa de Pablo Chantada por unha fisura

Polo menos dous meses de baixa, é o tempo que estará o porteiro do Academia Octavio, Pablo Chantada, por unha fisura nun dos ósos da man dereita, concretamente no cuarto metatarso. Grande contratempo para Quique Domínguez que queda só con García Lloria baixo os paus, debendo recorrer a un gardameta das categorías inferiores.

Mañá, na pista do Bordils de Girona, os académicos enfrontaranse, ás 20 horas, aos dieciseisavos de final da Copa do Rei de balonmán, polo que a lesión de Pablo chega no peor momento.