O relatorio “Muller e Deporte” pecha hoxe o ciclo de conferencias sobre saúde da Concellería de Igualdade

tamaraabaldeHoxe mércores 25, ás 20:00 horas, terá lugar na Casa das Mulleres (r/Romil, 20, baixo) unha charla-coloquio baixo o título "Muller e deporte, beneficios para a saúde", na que intervirán a baloncestista internacional viguesa Tamara Abalde e a atleta gondomareña e psicóloga Marta Fernández, do Comesaña Sporting Club.

O velatorio abrangue outros aspectos pois a ela tamén acudirá o médico Elías Festa (licenciado en Medicina e Cirurxía pola USC e con ampla experiencia no campo da medicina deportiva), as fisioterapeutas Marta Goce e Nati Pérez (da Unidade de Fisioterapia do Servizo de Medicina Física e Rehabilitación do Hospital Povisa) e a presidenta da Federación Galega de Taekwondo, Mercé Barrientos.

Estas intervencións pechan o ciclo “Muller e saúde integral”, programado pola Concellería de Igualdade, que nesta charla conta coa colaboración da Fundación VIDE.

A concelleira en funcións de Igualdade, Iolanda Veloso, pechará neste acto o ciclo de conferencias e actividades que se desenvolveron entre abril e maio baixo esta idea de promoción da mellora da calidade de vida e saúde integral das mulleres en todas as etapas das súas vidas.