O deporte vigués acolle hoxe a Grande Gala do Deporte

11galadeporteA cita será ás 20.30 h no Centro Cultural Novacaixagalicia (entrada por Policarpo Sanz). Un total de corenta e dous deportistas nomeados polas federacións aspiran a converterse nos mellores deportistas de Vigo e a súa bisbarra en 2010 na 12ª Edición da Gala.

Os candidatos desta edición son:

ACTIVIDADES SUBACUÁTICAS - Iván España Lado
ATLETISMO - Isaac Vicente Landín
BÁDMINTON - Ramón Quiroga Puga
BALONCESTO - Susana García Senra
BALONMÁN - José Ángel Fernández Sedano
BILLAR - Héctor del Amo García
BIRLOS - Sergio Silva Vila
BOXEO - Iván Pozo Martínez
CAZA - Victor Manuel Villar Fernández
CICLISMO - Antonio Ferreiro Pajuelo
COLOMBOFILIA - Antonio Camilo Pereiro Francés
DEPORTES PARA PERSOAS CON MINUSVALIDEZ FÍSICA - Sebastián Rodríguez Veloso
DEPORTES PARA PERSOAS CON MINUSVALIDEZ INTELECTUAL - Francisco Pérez Carrera
ESGRIMA - María Mariño Blanco
ESPELEOLOXÍA - Mª Luisa Barros Rodríguez
ESQUÍ NÁUTICO - Juan Vázquez-Noguerol Méndez
HALTEROFILIA - Pablo Vázquez Francisco
HÍPICA - Sara Alonso Rocha
JUDO E D.A. - Miguel Romero Azpitarte
KUNG-FU - Sheila Muñoz Román
LOITA E D.A. - Pablo García García
MOTOCICLISMO - Jorge Casales Carrasco
MOTONÁUTICA - Oscar Martínez López
NATACIÓN - Luis Leiro Álvarez
PATINAXE - Miriam Pérez Vázquez
PELOTA (VASCA) - Antonio Javier Villagrasa Méndez
PESCA E CASTING - Juan Carlos del Valle Alcántara
PETANCA - Begoña Costas Álvarez
PIRAGÜISMO - Mario Fontán González
REMO - Manuel Sánchez Mendoza
RUGBY - Berta A. Álvarez González
SQUASH - Xisela Aranda Núñez
SURF - Gonzalo Zubizarreta Moya
TAEKWONDO - Andrea Rica Taboada
TENIS - Miguel Casal Arantes
TENIS DE MESA - Pedro Fernández Mateo
TIRO CON ARCO - Oscar Casal Rodas
TIRO OLÍMPICO - Luis Iglesias Pascual
TRIATLÓN E PÉNTATLON MODERNO - Borja Gabriel Conde Figueroa
VELA - Víctor Mariño Prieto
XADREZ - Samuel Villar Pérez
XIMNASIA - Carolina Gómez Fariñas

A lista Mencións especiais está formada polo Comesaña Sporting Club de atletismo, o Club Deportivo Bosco de baloncesto, o Club Ciclista Vigués, o Club Deportivo Coia de fútbol, os Montañeiros Celtas, o Travesas Hóckey Club de patinaxe, o Club Vigués de Pelota Vasca e a S.D. Octavio de balonmán. Así mesmo, premiarase o traballo desenvolvido polo Círculo Mercantil e Industrial, o Real Club Náutico, o Liceo Marítimo de Bouzas e o Club de Campo, sociedades sen as que sería imposible entender o deporte en Vigo. Por último, o xurado premia á Agrupación Deportiva Vigo polo seu labor no desenvolvemento da competición Vigo en Xogo e a Manuel Roca Mirón, pola súa traxectoria como deportista e adestrador.