Manel Fernández amosa o seu apoio ao atletismo nunha semana cargada de actividade

manelweb12O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, mantivo diferentes contactos co mundo do atletismo ao longo desta semana.

Se nos primeiros días do mes acudiu a ver in situ as necesidades das pistas de atletismo de Balaídos, nesta semana amosou o seu apoio á organización coa súa presenza na rolda de prensa da VII Carreira Feminina Correr e Andar, que se celebra este domingo.

Ademais, Fernández tamén se reuniu con representantes de clubs atléticos para tratar de diversos asuntos. O edil socialista quere enviar de forma permanente a mensaxe de que a Administración está próxima aos clubs e o seu empeño é que esa idea sexa constatable de modo diario por parte das entidades deportivas, sexan da modalidade que foren.

Este domingo, Manel Fernández acudirá á proba feminina, con saída na rúa Venezuela e final ante o Náutico. Ademais, o mércores o concelleiro asistiu ao Trofeo Afonso Pousada, en Balaídos.