Colaboradores

Logotipo Xuvenil de Teis
Xuvenil de Teis
Presidente:  Ruth Calvo
Oficina:  Núñez de Balboa, 12-3ºD 36208 Vigo
Liga:  Superliga 2 Feminina - Grupo A
Telefono:  635 213 721

O Xuvenil Teis arranca a liga este sábado, no pavillón de Teis, ante o Emevé de Lugo. O equipo vigués aproveita para facer a presentación do seu equipo o mesmo día. Será a partir das 17.30 h. con todos os equipos do club participando no acto. Ás 18.15 arrancará o primeiro partido de liga ante as lucenses.

 

xuvenil_xuo_2013A primeira xornada do Campionato de España cadete por clubs, deixou onte un bo sabor de boca malia o mal inicio da mañá. A primeira hora, as viguesas enfrontábanse ao C.D. Nueva Castilla ante as que caían por 3 sets a cero. Os parciais foron mellores no primeiro e segundo set con 25-18 e 25 -17 para as madrileñas. As da capital apertaron no último set, deixando o marcador das de Teis a 12.

 

A partir de mañá, as xogadoras cadetes do Xuvenil Teis participarán en Cangas de Onís no Campionato de España de Clubes. O día 19 en xornada dobre e o día 20 en xornada de mañá, disputarán a primeira fase deste campionato. Mañá a partir das 9:00 da mañá enfrontaranse ao C.D. Nova Castilla da comunidade de Madrid, no pavillón de Arriondas. Pola tarde e tamén a primeira hora da competición, 16:00 enfrontaranse ao equipo D ´ o Huyar, de La Rioja, no mesmo pavillón.

 

O Xuvenil de Teis conseguiu a vitoria no Campionato galego da categoría celebrado en A Coruña. As xogadoras de Rodolfo Lago venceron na final ao equipo de Voley Ourense, cun traballado 3-1. As viguesas chegaron á final tras enfrontarse no primeiro partido ao Zalaeta, equipo que organizaba o campionato.

 
Esta fin de semana finaliza a tempada para o equipo de Superliga2 do C.V. Xuvenil Teis. O equipo de Celso Veloso enfrontarase a partir das 18:00 horas, horario unificado por ser a última xornada, ao cvleganes.com. As madrileñas ocupan a cuarta posición do grupo con tres vitorias nesta fase de permanencia, mentres que as viguesas ocupan a última praza sen vitorias. É a última oportunidade nesta tempada de conseguir unha vitoria para as de Teis.

 

Estaba case escrito que serían os vigueses os que levarían o Campionato Galego xuvenil masculino de Voleibol pero o que non esperaba é que os lucenses desen tanta guerra como deron nos primeiros compases do encontro xa que os sets intermedios, segundo e terceiro foron moi axustados, non así o primeiro e o cuarto que o levaron os vigueses con certa facilidade.

 
O equipo vigués non puido conseguir ningún set na súa visita a Soria, o enfrontamento do C.V. Xuvenil Teis ante o CAEP Soria demostrou unha mellora do nivel de xogo das galegas. Durante o primeiro set as viguesas foron capaces de conseguir 17 puntos fronte a la Selección Española Junior.

 

O C.V. Xuvenil Teis conseguiu outro set ao seu favor fronte ao VPMadrid, pero non logrou a vitoria.  A destacar o traballo das centrais tanto ao conseguir puntos en ataque como os moitos bloqueos que fixeron ás xogadoras do VPMadrid. O encontro comezou claro para as madrileñas con clara vantaxe nos dous tempos técnicos 5-8 e 7-16. Aínda que o adestrador local pediu tempos mertos para frear a sorte das madrileñas nada puido facer para que o set fose para as visitantes por un 17-25.

 

Esta fin de semana o equipo de Teis viaxará ata a capital de España para enfrontarse o sábado a partir das 16:00 horas ao cvleganes.com, no pavillón Emilia Pardo Bazán. Este equipo na fase regular quedou último con tan só unha vitoria no seu haber e vén de perder contra o AD Curtidora a semana pasada.

 

O C.V. Xuvenil Teis, asumiu unha nova derrota contra o CAEP Soria por un set a tres. As xogadoras presentaron bos momentos de xogo no primeiro set, chegando aos dous tempos técnicos diante das de Soria, con parciais de 8-7 e 16-15. Os múltiples fallos en recepción e ataque fixeron que o set se decantase cara ao lado das visitantes, cun 19-25.

 

xuvenil_10.11_1Ante o inicio de tempada da maioría das categorías femininas e masculinas do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo, o club tomou a iniciativa de organizar unha xornada deportiva con equipos femininos. O próximo domingo día 2 de outubro, a partir das 10:00 da mañá, tomarán parte deste encontro todos os equipos femininos do club e enfrontaranse a equipos vidos dende diferentes puntos de Galicia e Portugal.

 

lorenaxuvenilset2011A pasada fin de semana disputouse en Salou a final do Campionato de España de voley praia. As xogadoras de C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo, Lorena e Xela, obtiveron a quinta praza nesta fase final. As xuveniles califican moi positivamente este resultado que os enfrontou no último partido á outra viguesa, Alejandra Simón.

 

374partidofinal2011Dende o pasado día 2 de setembro o equipo adestrado por Celso Veloso, volveu ao traballo de cara á tempada 2011/12 da Liga FEV. O inicio da tempada será o día 5 de novembro, na casa, contra o equipo de Guadalajara.

 

No partido disputado o venres, na penúltima xornada do Campionato de España infantil de voleibol que se disputou en Barcelona, as xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo sumaron outra vitoria ante o San Jose Obrero por 2-0 con parciais de 25-16 e 25-23.

 

No último partido do grupo F que enfrontaba ao equipo vigués co equipo canario de La Caja LPGC, o triunfo foi para as canarias cun claro 2-0, con parciais de 25-14 e 25-13. A partir dese momento o equipo de Teis pasou a formar parte do grupo 7, para loitar polos postos do 13 ao 24 deste Campionato de España.

 

No último partido do grupo F que enfrontaba ao equipo vigués co equipo canario de La Caja LPGC, o triunfo foi para as canarias cun claro 2-0, con parciais de 25-14 e 25-13. A partir dese momento o equipo de Teis pasou a formar parte do grupo 7, para loitar polos postos do 13 ao 24 deste Campionato de España.

 

Onte comezou en Barcelona o campionato de España de voleibol de categoría infantil feminina para as xogadoras do C.V. Xuvenil de teis Turismo de Vigo.

 

O traballo da canteira que se vén desenvolvendo no C.V. Xuvenil de Teis dende hai anos vai a súa recompensa na participación de varios dos seus xogadores no Campionato de España por autonomías das categorías infantil e cadetes de ambos os dous sexos.

 

374partidofinal2011A última xornada da Liga FEV da tempada 2010/2011 rematou cunha vitoria das xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo ante o C.U.V. Alcorcón por un 1-3. Este resultado coloca as viguesas na sexta praza da clasificación. Aínda que o partido comezou cun set para as madrileñas as xogadoras de Veloso souberon sobrepoñerse e gañar os seguintes.

 

xuvenilEsta fin de semana dispútase a última xornada regular na liga FEV. O equipo do V.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo desprázase ata Madrid para enfrontarse ao C.U.V. Alcorcón a partir das 18:00 horas do sábado día 12 de marzo no pavillón Los Cantos.