Colaboradores

Logotipo Xuvenil de Teis
Xuvenil de Teis
Presidente:  Ruth Calvo
Oficina:  Núñez de Balboa, 12-3ºD 36208 Vigo
Liga:  Superliga 2 Feminina - Grupo A
Telefono:  635 213 721

O equipo vigués caeu ante o Extremadura Arroyo por 3-1, con parciais de 25-11, 23-25, 25-14 e 25-8.

 

Ás 18:15 comezou o partido feminino que enfrontaba ao equipo de Teis contra Zalaeta, no que se albergaban máis esperanzas de vitoria tras o resultado do primeiro set 25-22. No segundo as viguesas relaxáronse e deixou escapar o set por 17-25. No terceiro volveron reaccionar e tras dúas remontadas as locais conseguiron o set por 25-20.

 

O equipo vigués perdeu ante Voleibol Chiclana por 3-1, con parciais de 25-21, 25-27, 25-17, 26-24. As viguesas demostraron o seu potencial ao impoñerse no segundo set. E no cuarto estiveron a punto de dar a sorpresa.

 

O equipo de Arlindo Peixoto perdeu 0-3 ante o equipo do Emeve de Lugo Laboratorios Nupel. O partido empezou ben para as locais chegando a estar por diante no primeiro set por 13-8. Varias interrupcións provocadas polo equipo lucense fixeron que as viguesas perdesen a concentración e cedesen o primeiro set por 20-25. No segundo set as viguesas xa comezaron desconcentradas cedendo un parcial de 1-14, na recta final do set e tras uns cambios o resultado foi de 12-25 para as lucenses. No terceiro set o principio foi como no segundo chegando a un parcial de 2-8. As viguesas reaccionaron pero o parcial foi de 18-25.