Colaboradores

Logotipo RC Celta Baloncesto
RC Celta Baloncesto
Presidente:  Carlos Álvarez Pácios
Oficina:  Avda. Castrelos, 1 (I.M.D.) 36210 Vigo
Horario:  de luns a venres de 18 h. a 20 h.
Liga:  Feminina de Baloncesto 2
Email:  celtabaloncesto@hotmail.com

As viguesas reducen as súas opcións de disputar o play-off de ascenso. O Celta Selmark caeu derrotado ante o León por 49-39 no pavillón leonés de San Esteban. Oitava derrota por parte viguesa nun encontro onde destacou a actuación de María Araújo con 16 puntos, que non foron suficientes. A próxima xornada as de Carlos Colinas recibirán ao Arxil. O encontro disputarase o sábado 15 de marzo ás 20.15 h. no pavillón de Navia.

 

Celta Selmark deu un paso de madureza no seu proceso formativo e venceu ao Portomar Cortegada (54-51) nun partido no que foi de menos a máis, e que solucionou de xeito adulto ante un equipo visitante máis experimentado. As celestes foron capaces de remontar os doce puntos de desvantaxe que chegaron a conceder no segundo cuarto. Unha canastra de María Araújo a falta de 10 segundos rompeu a igualdade decantou a sorte do partido do lado celeste. A próxima xornada, as viguesas viaxarán a terras leonesas para enfrontarse ao Aros León. O encontro disputarase o sábado, 8 de marzo.

 
Celta Selmark logrou unha clara vitoria ante Universidad de Oviedo (63-45) nun partido de factura moi similar a outros anteriores en que a súa defensa se erixiu como principal protagonista. A próxima xornada, as viguesas recibirán ao Portomar Cortegada. O partido será o venres 28 de febreiro, ás 21 h, no pavillón de Navia.
 

Derrota do Celta Selmark ante o Adba Avilés por 68-61 nun encontro igualado onde as de Carlos Colinas caeron na loita directa pola cuarta posición. As viguesas non puideron manter a súa boa traxectoria das últimas semanas. A próxima xornada recibirán en Navia ao Universidad de Oviedo. O encontro será o sábado 22 de febreiro, ás 18.30 h.

 

Derrota do Celta Selmark ante o Adba Avilés por 68-61 nun encontro igualado onde as de Carlos Colinas caeron na loita directa pola cuarta posición. As viguesas non puideron manter a súa boa traxectoria das últimas semanas. A próxima xornada recibirán en Navia ao Universidad de Oviedo. O encontro será o sábado 22 de febreiro, ás 18.30 h.

 

Celta Selmark venceu sen contemplación ningunha a Pabellon Ourense por 76 a 34 nun partido que dominou de inicio a fin e en que só existiu un equipo na pista. En aptitude, actitude e recursos foron completamente superiores ao seu rival, logrando unha grande vitoria que as coloca de novo na quinta posición en ala clasificación. A próxima xornada as viguesas enfrontaranse ao ADBA. O partido será o sábado 15 de febreiro, en Avilés.

 

O Celta Selmark reatopouse coa vitoria a domicilio, o pasado sábado, ao vencer ao Badajoz por 66-69, tras catro derrotas seguidas fora da casa. Encontro con bo comezo celeste que con gran defensa logrou frear o ataque rival e levar á casa os puntos. A próxima xornada, as viguesas recibirán ao Pavillón Orense. O partido terá lugar o sábado 8 de febreiro, ás 18.30 h., no Pavillón de Navia.

 

O Celta Selmark perdeu ante o Durán Ensino por un abultado marcador de 65-36. As mozas celestes apenas puideron opoñer resistencia ás lucenses. Encontro disputado no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo e terceira derrota consecutiva das viguesas pese a volta de Lara Alonso. Con este encontro finalizou a primeira volta do campionato. A próxima xornada enfrontaranse ao Café Barco GBP a domicilio, na duodécima xornada da Liga feminina 2.

 

O Celta Selmark caeu derrotado ante o todopoderoso Universitario de Ferrol por 44-57. As viguesas, que acusaron en exceso as baixas de Alonso e Nogaye Lo, lle plantaron cara ao líder da Liga Feminina 2 de baloncesto. O resultado final foi de 44-57 pero as visitantes só puideron distanciarse no marcador de xeito claro, nos últimos dez minutos do encontro.

 

O Celta Selmark non puido dar a sorpresa ante o Al-Qazeres e caeu derrotado por 63-64. O equipo vigués perdeu de dezanove en parte polo seu desacerto no tiro e debilidade no rebote. A próxima xornada, El Selmark recibirá ao Ferrol, o sábado 18, ás 18.30 h. no Pavillón de Navia.

 

Celta Selmark venceu, o pasado sábado, un encontro con absoluta superioridade a unha Universidade de Valladolid que só aguantou un cuarto ao ritmo realizado polas celestes. O resultado final (65-32) mostra fehacientemente o sucedido no parqué vigués durante o encontro.

 

Celta Selmark perdeu un encontro, ante o Arxil na súa cancha (60-50), no que só converteu en canastra de tres puntos o seu primeiro lanzamento do partido. Os 21 erros consecutivos posteriores deseñan o formato da derrota celeste, que contou coa vantaxe de contar cunha das xogadoras máis importantes da Liga como é Tajay Ashmeade.

 

O Celta venceu ao León por 63-44. Poderíanse facer dúas lecturas do partido e as dúas serian fieis a ala realidade. A primeira delas revela que Celta Selmark foi superior en tres cuartos nos que deixou ao seu rival en 9, 4 e 6 puntos anotados e que só fallou estrepitosamente no segundo, en que encaixou 25. A segunda lectura, e quizais máis acertada indicaría que o partido foi igualado ata o minuto 35 e que nos últimos 5 Celta Selmark desarboló completamente a un desnortado equipo leonés, que non foi quen de deter un desatado equipo local.

 

O Celta Selmark caeu derrotado, na súa visita ao Pavillón de Fontecarmoa, ante o Portomar Cortegada por 54-48. Segunda vitoria das locais no que vai de liga, esta vez ante as viguesas que comezaron dominando no marcador pero acabaron sucumbindo ante as de Vilagarcía nun partido onde non ofreceron bo espectáculo.

 

Terceira vitoria do Celta de Baloncesto e primeira como visitantes. As de Carlos Colinas vencían 57-63 ao Universidad de Oviedo nun partido cómodo, dominando os tres primeiros cuartos e con moi boa defensa por parte viguesa. A próxima xornada haberá un derbi galego, as viguesas viaxarán a Vilagarcía para enfrontarse ao Portomar. O conxunto arousano caeu derrotado o sábado en Ferrol, ante o Universitario, cun marcador de 96-45.

 

Celta Selmark venceu con autoridade a ADBA (52-33) tras unha exhibición defensiva de primeiro nivel que deixou ás avilesinas con tan só 9 puntos anotados na primeira metade.

 

Celta Selmark non puido dobregar a Pabellon Ourense na segunda xornada da Liga Feminina 2. A zona local atragoouse no último cuarto e concedeu facilidades nos minutos finais que permitiu vencer as locais. Partido moi igualado cun triplo de María Araújo a un segundo do final que non chegou a entrar e impediu a vitoria celeste.

 

O Celta Selmark comeza a tempada con Vitoria por 56-50 ante o Café Barco G.B.P. Partido moi igualado o que se viviu en Navia destacando a defensa celeste e o acerto de Araújo e Pallardo. A próxima xornada as de Carlos Colinas viaxarán a Ourense para enfrontarse ao Pavillón Ourense.

 

As viguesas, tras un bo comezo de partido, caeron derrotadas por 62-72 nas semifinais da Copa Galicia de baloncesto ante o Durán Maquinaria Ensino de Lugo. As dúas novas incorporacións celestes, Nogaye Lo e Begoña Pallardó xogaron a un bo nivel. O Celta Selmark comeza, este sábado, a Liga feminina 2 de baloncesto, recibindo ao Café Barco GBP. A cita será no pavillón de Navia, ás 20.30 h.

 

O Celta Selmark non viaxou onte a Vilagarcía para xogar o amigable ante o Portomar Cortegada, debido ás malas condicións climatolóxicas que afectaron ao pavillón de Fontecarmoa. O club arousano púxose en contacto co club vigués a primeira hora para aprazar o encontro. O próximo compromiso das rapazas que adestra Carlos Colinas será as semifinais da Copa Galicia en Ferrol. Será o venres, ás 18.30 h, no pavillón de Esteiro, ante o Durán Ensino de Lugo.