Colaboradores

Logotipo RC Celta Baloncesto
RC Celta Baloncesto
Presidente:  Carlos Álvarez Pácios
Oficina:  Avda. Castrelos, 1 (I.M.D.) 36210 Vigo
Horario:  de luns a venres de 18 h. a 20 h.
Liga:  Feminina de Baloncesto 2
Email:  celtabaloncesto@hotmail.com

A pasada fin de semana o Celta Selmark clasificouse como segundo do seu grupo, para a fase final da Copa Galicia de baloncesto, tras caer derrotado en Lugo ante o Durán Maquinaria Ensino (61-51). As de Carlos Colinas enfrontaranse con toda probabilidade nas semifinais do torneo ao Universitario de Ferrol, que exercerá de anfitrión os próximos 10 e 11 de outubro.

 

Minata Keita, malinesa de 25 anos e 1,88 de altura, xa está en Vigo. A nova xogadora do Celta Selmark aterrou onte pola tarde, no aeroporto de Peinador, tras dous intentos falidos, hai unha semana a folga de pilotos de Air France frustrou os seus plans, e hoxe, incorpórase ao traballo ás ordes de Carlos Colinas.

 

Tras dous atrasos nos seus plans de viaxe, a última incorporación do Celta Selmark, Minata Keita, chegará esta tarde a Peinador. Carlos Colinas espera contar coa senegalesa nos próximos días, para seguir preparando a tempada, que dará o pistoletazo de saída co comenzo da Liga, o vindeiro 25 de outubro, recibindo ao Café Barco GBP.

 

presentacion-celtaO Celta Selmark presentou onte, no Hospital Vithas Fátima, a Inés Faustino e Salomé García, que xunto con Minata Keita, a cál chegará a Vigo o domingo, constitúen as fichaxes do equipo celeste para esta nova tempada.

 

A pivot do Celta Selmark, a senegalesa Minata Keita, non chegará a Vigo ata a próxima fin de semana, debido a unha folga de pilotos de la compañía Air France. A xogadora tiña previsto a súa chegada á nosa cidade no día de onte tras voar dende Bamako, capital de Mali, con escala en París, pero a súa viaxe viuse afectado polo parón da compañía aérea. Carlos Colinas non poderá contar con ela para os dous primeiros compromisos amigables que xogará esta semana en Portugal.

 

O equipo vigués viaxará esta fin de semana a Portugal para disputar os dous primeiros amigables de la tempada. O venres o Celta Selmark enfrontarase ao Olivais, e o sábado, ao Vagos. O equipo que dirixe Carlos Colinas comezou os adestramentos hai tres semanas, tras os encontros amigables de preparación, disputará a Copa Galicia. Comezará a competición o vindeiro 1 de outubro, recibindo ao Pavillón de Ourense, e visitará ao Durán Manquinaria Ensino.

 

O equipo vigués volveu onte ao traballo, sen Minata Keita, para preparar a tempada que arranca o 25 de outubro, a terceira consecutiva na Liga Feminina 2. As de Carlos Colinas marcáronse como obxectivo a fase de ascenso. O equipo traballará en dobre sesión, pola mañá física en Castrelos e pola tarde pista en Navia.

 

O Celta de Baloncesto iniciará o próximo luns a pretempada con dúas novas incorporacións. Trátase das novas canterazas Sara Seguín (1997) e Paloma González (1999). O equipo que adestra Carlos Colinas, iniciará a competición na Liga Feminina 2 o próximo sábado 25 de outubro, no pavillón de Navia, ás 18.30 h., ante o Badajoz Basket feminino.

 

Tras a marcha de Begoña Pallardó e Débora Rodríguez agora chegoulle o turno a dous canteranas do Celta Selmark, Isabel Herbello e Elena Novoa. A súa perda non alterará os plans de Carlos Colinas xa que os seus postos os cubrirán novas xogadoras procedentes da frutífera canteira que ten o club vigués. Tras as fichaxes de Minata Keita e Salomé García, o Bosco de momento non vai realizar máis incorporacións.

 

canella_LoureiroO RC. Celta - Bosco pechou nos últimos días as renovacións de Cristina Loureiro e Marta Canella como xogadoras de Celta Selmark para a tempada 2014/2015. Ambas as dúas cumprirán a súa sétima tempada no club onde chegaron en 2007, procedentes de Carmelitas Ourense e CB Baiona respectivamente.

 

O RC Celta Bosco formalizou a contratación de Minata Keita para o seu primeiro equipo. A xogadora africana é a primea incorporación de Celta Selmark de cara á tempada 2014-2015.  Pivot de 1.88 m. e nacida en Mali (1989), militou nesta pasada campaña en Al Qazeres e Arxil Pontevedra, facéndoo anteriormente nas ligas tunecina e senegalesa. Na súa estrea na Liga Feminina 2, as súas medias globais foron de 18,4 puntos e 14,8 rebotes.

 

A base valenciana non xogará a próxima tempada no Celta Selmark de baloncesto xa que regresa a súa terra por motivos academicos. Carlos Colinas, adestrador do equipo celeste, apunta que "é unha baixa moi importante xa que era unha peza clave a nivel humano e deportivo".

 

Tras a reunión mantida no día de onte cos responsables de Selmark, a sinatura viguesa e Celta Bosco continuarán ligados durante a tempada 2014/2015. A empresa viguesa, punteira no sector da lenzaría feminina, seguirá dando nome ao primeiro equipo da entidade céltico, consolidando deste modo unha vinculación que comezou en outubro de 2012. Este patrocinio reforza o proxecto deportivo da próxima tempada que en próximas datas comezará a construirse.

 

O equipo vigués caeu onte no Nacional Cadete feminino de baloncesto, que se está a disputar en Tenerife. O Celta Selmark, que se impuxera nos tres partidos que disputou na fase de grupos, perdeu fronte a o Uva Ponce, das potentes senegalesas Toure e Drame, por 61-48.

 

A xogadora do Celta Selmark, María Pérez Araújo, unha das figuras do equipo vigués, foi convocado pola selección española sub-17 para a preparación do Mundial que se celebrará na República Checa entre o 28 de xullo e o 7 de xullo.

 

As viguesas quedan sen disputar a fase de ascenso a  Feminina tras caer derrotado ante o Durán M. Ensino por 62-68 e gañar o Adba ao Pavillón Ourense. Malia todo, o Celta Selmark lle plantou cara ao equipo lucense o pasado sábado en Navia. As de Carlos Colinas rematan a tempada en quinta posición.

 

O Celta Selmark sufriu un duro golpe o sábado na cancha do Universitario de Ferrol ao caer derrotado por 74-38 nun partido no que debutou la júnior Sara Seguín.  As viguesas afástanse da fase de ascenso a unha xornada do final da Liga regular. Na última xornada recibirán ao Durán Maquinaria Ensino. O encontro será o sábado 12 de marzo, ás 19 horas no pavillón de Navia.

 

Celta Selmark plantou cara ao Al-Qazeres durante 20 minutos, pero tivo que ceder ante o potencial das extremeñas, unha das candidatas ao ascenso que levou a vitoria con claridade por 54 a 79. As viguesas contaron coa baixa dos seus dous pívots naturais Débora Rodríguez e Nogaye Lo. A próxima xornada enfrontaranse ao Universitario de Ferrol a domicilio.

 

O Celta Selmark gañou con claridade ao Universidad de Valladolid por 46-68, colista da Liga Feminina 2 de baloncesto. Carlos Colinas fixo debutar a unha nova xogadora junior, Nuria Camiña. O Celta Selmark segue cuarto na táboa de clasificación. A próxima xornada as viguesas reciben o C.B. Al-Qázeres Extremadura. O encontro será o venres 28 de marzo, ás 20 h. no pavillón de Navia.

 

O Celta Selmark impúxose nun intenso partido de rivalidade provincial ao CB Arxil (71-58), nun choque en que non só suma unha vitoria máis senón que recupera o basketaverage perdido na ida cun rival co que se atopa moi próximo na táboa clasificatoria. A mala noticia vén da lesión de Nogaye Lo de aparente gravidade a teor do visto na pista.