Colaboradores

Logotipo RC Celta Baloncesto
RC Celta Baloncesto
Presidente:  Carlos Álvarez Pácios
Oficina:  Avda. Castrelos, 1 (I.M.D.) 36210 Vigo
Horario:  de luns a venres de 18 h. a 20 h.
Liga:  Feminina de Baloncesto 2
Email:  celtabaloncesto@hotmail.com

O Celta de Baloncesto comezou onte a súa tempada perdendo ante o León Cuna del Parlamentarismo (53-55), no pavillón de Navia, nun partido igualado aínda que as viguesas sempre foron por detrás, tiveron a vitoria preto. A próxima xornada as de Cristina Cantero viaxan a terras aragonesas para enfrontarse ao Baloncesto Femenino Aragón.

 

footplusO R.C. Celta Vigo- Baloncesto feminino someteu ás súas xogadoras a un completo estudio biomecánico nas instalacións de a empresa Footplus para coñecer qué xogadoras tiñan problemas nos pés e corrixilos con equipos personalizados. O uso dos equipos personalizados permite aos deportistas mellorar o seu rendemento e previr posibles lesións.

 

As viguesas perderon o sábado ante o Cortegada (61-51) despedíndose así da Copa Galicia de baloncesto, cuxa final disputouse onte en Narón entre o Universitario de Ferrol, da Liga Feminina, e o Durán Maquinaria Ensino, de Liga Feminina 2. A Copa leváronlla as ferrolanas con claridade (78-62). O Celta Bosco xogou onte un novo encontro amistoso ante o Universidad de Oviedo, en terras asturianas. A vitoria esta vez foi para o club vigués (44-48), cun xogo onde se notou o cansazo da semana, con dous partidos disputados na Copa Galicia.

 

20150917 celta videO Celta feminino presentou onte, na sede da Fundación VIDE, á nova base do equipo, Cristina Salinas. A xogadora burgalesa de 22 anos, procedente do Universidade de Valladolid, estivo acompañada polo director deportivo do Club, Carlos Colinas, e a adestradora, Cristina Cantero. Afirmou "Sentirse contenta co cambio cunha pretempada máis seria, máis esixente e adaptándome pouco a pouco". Colinas avanzou que nos próximos días podería chegar unha nova incorporación, trataríase "dunha xogadora para dentro, que sería a parella de Sarah Ogoke no xogo interior".

 

O equipo vigués plantoulle cara ao Arxil de Pontevedra (57-62), onte no pavillón de Navia, pero notou as baixas e xogarase o pase á final da Copa Galicia mañá venres, ante o Cortegada, ás 20.30 h. no pavillón Fontecarmoa de Vilagarcia.

 

O Celta feminino xoga hoxe en Navia (20.30 h.) ante o CB Arxil de Pontevedra, o seu segundo partido da fase de grupos da Copa Galicia.  As viguesas disputaron o primeiro encontro o pasado sábado, derrotando ao Durán Maquinaria Ensino (64-57). O venres xogarán o terceiro partido da competición, visitando ao Cortegada. O equipo que adestra Cristina Cantero iniciará a Liga Feminina o 3 de outubro, na sua cancha, ante o León cuna del parlamentarismo, o encontro comezará as 18.30 h.

 

celtaFrancisco Araújo, presidente do Celta Selmark, acompañado de Carlos Colinas, director deportivo, presentaron na mañá de onte, na sede da Fundación VIDE, a Cristina Cantero como nova adestradora da entidade celeste. O presidente tamén comunicou que Mario Muñoz seguirá como preparador físico, e ofreceu a Nacho Silva o posto de axudante.

 

celta boscoO pasado domingo o Celta Bosco alevín venceu ao Villagarcía por 70-48 alzándose así co Campionato Galego. O club vigués ampliou as súas bases en 2011 e este é o seu froito segundo conta o coordinador das escolas deportivas e adestrador do primeiro equipo, Carlos Colinas. Preto de 230 equipos iniciaron a tempada galega desta categoría, as viguesas xogaron ás ordes de Juan Vecina.  "Practican un xogo moi dinámico, pasan ben o balón e non as traumatiza xogar unha final. Gozan moito máis do normal" matiza Colinas.

 

As viguesas perderon onte ante o Rivas Ecópolis (41-69) nos oitavos de final do Campionato de España júnior de baloncesto feminino. O Celta Selmark, tras unha brillante fase de grupos, foi inferior ao equipo madrileño, grande favorito para alzarse co título.

 

celta juniorEsta tarde, ás 19.30 h. en Guadalajara, as rapazas do Celta Selmark enfrontaranse nos oitavos de final do Campionato de España júnior ao Rivas, de Ángela Salvadores, equipo favorito da competición. Na tarde de onte, no partido correspondente á terceira e última xornada da fase de grupos, as viguesas caeron derrotadas ante o Valencia (60-53), nun partido onde o Selmark comezou moi ben pero as levantinas foron recortando distancias e acabaron levando a vitoria nos últimos minutos.

 

O conxunto vigués caeu ante o ADB Araski AES (56-71), na vixésimo segunda e última xornada de  Feminina 2 (Grupo A), nun mal partido. Minata Keita retirouse lesionada ao comezo do último cuarto. O Celta Selmark pecha o curso no sexto posto da clasificación.

 

Décima vitoria da tempada para as celestes na cancha do U. Oviedo (55-63). Partido difícil polo brillante papel da suiza Inés Orselli que sumou vinte e un puntos. Os últimos cinco minutos houbo superioridade viguesa o que lle permitiu levar os puntos dun encontro moito máis difícil do esperado. A próxima xornada o Celta Selmark recibirá en Navia o ADB Araski AES. O partido será o sábado 11 de abril, ás 19 h.

 

As viguesas perderon o derbi perde ante o Arxil (52-44) e despídense da fase de ascenso á máxima categoría do balonmán nacional. Tras un inicio de partido moi igualado, as locais pronto conseguiron o mando do xogo levándose os puntos. A próxima xornada o Celta Selmark recibe ao Adba, o encontro será o sábado 28, ás 18.30 h.

 

Tras catro vitorias consecutivas, o Celta Selmark caeu derrotado ante o Bizkaia o pasado sábado en Navia por 58-81. Partido moi igualado ata a metade do terceiro cuarto, onde as xogadoras visitantes se afastaron no marcador, levándose a vitoria final e deixando as viguesas sextas na táboa de clasificación. A próxima xornada as de Carlos Colinas enfrontaranse ao C.B. Arxil a domicilio.

 

Celta Selmark venceu sen brillo a Pavillón Ourense (65-53) no partido no que as celestes aproveitaron determinados momentos de inspiración, para levarse unha vitoria que lles permite seguir pelexando polos postos de playoff. A próxima xornada recibirán en Navia a Ibaizabal. O encontro será o sábado 14, ás 18.30 h.

 

As viguesas venceron ao Portomar Cortegada na prórroga nun encontro con moita igualdade (65-68), disputado no pavillón de Fontecarmoa. O dominio do rebote e o fondo físico, beneficiaron as de Carlos Colinas. A vitoria coloca ao Celta Selmark a solo un triunfo da zona de fase de ascenso e, ademais, as viguesas arrebatáronlle o "average" particular ás arousanas, rivais diretas. A próxima xornada recibirán ao Pabellón Orense. O encontro será o sábado, 7 de marzo, ás 18.30 h, no pavillón de Navia.

 

Celta Selmark venceu sen paliativos a Universidade de Valladolid (75-44) nun partido que solo tivo quince minutos de historia, os que tardaron as celestes en romper ala igualdade. A próxima semana Celta Selmark xoga un decisivo encontro para reengancharse definitivamente á loita das catro primeiras prazas. A súa visita a Vilagarcía de Arousa formúlase apaixonante e prevese un grande encontro dada a calidade dos contendentes e o valor da vitoria en xogo.

 

As viguesas mantéñense na loita para o "play off" de ascenso, tras a importante vitoria do pasado sábado en León. Partido moi igualado no que as celestes chegaron con mellor forma física aos últimos dez minutos, que foron clave para a vitoria final. A próxima xornada, as de Carlos Colinas, reciben no pavillón de Navia ao Universidad de Valladolid. O encontro será o sábado 21, ás 18.30 h.

 

Celta Selmark non tivo opcións ante Durán Maquinaria Ensino e perdeu, no partido disputado na noite do venres, por un resultado final de 50 57. As celestes estiveron preto de remontar 19 puntos pero finalmente quedaron á beira e non tiveron opción de lograr a vitoria.

 

As viguesas caeron derrotadas ante o moi superior Universitario de Ferrol por 69-41, na semifinal da Copa Galicia de baloncesto feminino, celebrada o pasado venres no pavillón de Esteiro. Cumpríronse as expectativas, e o Celta Selmark non foi capaz de dar a sorpresa. O próximo compromiso das de Carlos Colinas será o venres, en Vilagarcía, en partido amigable ante o Portomar Cortegada.