Colaboradores

Logotipo RC Celta Baloncesto
RC Celta Baloncesto
Presidente:  Carlos Álvarez Pácios
Oficina:  Avda. Castrelos, 1 (I.M.D.) 36210 Vigo
Horario:  de luns a venres de 18 h. a 20 h.
Liga:  Feminina de Baloncesto 2
Email:  celtabaloncesto@hotmail.com

PERFUMERÍAS AVENIDA 84
CELTA INDEPO 61

Clara derrota das viguesas nun partido con superioridade clara por parte das xogadoras do Perfumarías Avida. O Celta comezou o encontro cunha defensa en zona que desconcertou ás salmantinas, aos cinco minutos de xogo vencían por nove puntos de diferenza pero o equipo charro reaccionou e devolveulle o bo comezo cun parcial de 7-0. O resto do encontro foi claramente para as locais, vencendo con superioridade clara as visitantes.

 

No transcurso desta semana o RC Celta Indepo xogará dous importantes partidos. Hoxe martes a medio día o equipo de Miguel viaxará cara a Salamanca onde mañá a partir das 20.30 horas xogará o encontro correspondente á 3ª xornada de liga; sen baixas a día de hoxe, a totalidade do equipo estará en disposición de xogar este encontro. O equipo ten previsto adestrar ás 21.00 horas na cancha de xogo.

 

Segunda vitoria do campionato para as viguesas tras derrotar o sábado no pavillón de As Travesas a un Gran Canaria que foi sempre por detrás no marcador. Pina e Sliskovic foron as xogadoras celestes que máis puntos conseguiron con 13 e 14 respectivamente. Superioridade no xogo e grande defensa celeste foron as claves para facerse coa vitoria final.

 

Victoria das celestes ante as finalistas da supercopa no primeiro partido da liga de baloncesto feminina. Egle Stakneviciene, por parte viguesa, foi a grande estrela do encontro ao anotarse 22 puntos, 7 rebotes e 3 asistencias.