Colaboradores

Logotipo RC Celta Baloncesto
RC Celta Baloncesto
Presidente:  Carlos Álvarez Pácios
Oficina:  Avda. Castrelos, 1 (I.M.D.) 36210 Vigo
Horario:  de luns a venres de 18 h. a 20 h.
Liga:  Feminina de Baloncesto 2
Email:  celtabaloncesto@hotmail.com

Tras dúas derrotas consecutivas á fin chegoulle a vitoria aos vigueses e non sen esforzo á fin. Tras poñerse 19 puntos arriba no terceiro cuarto o equipo local remontou. Un fallo da ex céltico, Xema García, nun tiro libre nos últimos instantes deulle o triunfo por un punto ás pupilas de Miguel Méndez.

 

Importante xornada a que depara esta fin de semana ás viguesas. O equipo xa está a viaxar cara a Madrid (saíu ás 11.15 horas en autocar) onde xogará mañá un interesante encontro fronte ao Canoe, equipo no que milita a ex do celta Gema García.

 

As viguesas perderon no último minuto ante un Perfumerías Avenida que superara no primeiro cuarto. O resultado foi de 62-64. María Pina foi eliminada por persoais. A estrela salmantina, Sancho Lyttle, non xogou por lesión.

 

Difícil encontro o que depara esta xornada, as viguesas enfróntanse, outra vez, a un dos grandes, un Perfumerías Avenida que vén de vencer en competición europea por 18 puntos e que necesita gañar en Vigo para non perder terreo na parte alta da táboa.

 

O Celta Indepo regresou de Las Palmas de Gran Canarias de baleiro ao non ser capaz de derrotar a un Gran Canaria cunha gran defensa.

 

Tras o paro de Nadal o Celta Indepo venceu con contundencia ao Pazo de Congresos de Ibiza na mañá de onte. As viguesas mantéñense quintas na táboa de clasificación.

 

O Celta Indepo despediu o ano e a primeira volta da liga na tarde de onte cunha vitoria fronte ao Olesa. Bo partido das viguesas cunha excelente defensa que lle permite finalizar o ano na quinta posición da táboa.

 

O Celta Indepo non foi capaz de levar a vitoria no penúltimo partido do ano, ao ser superado por un Mann Filter Zaragoza no que a americana Allison Feaster foi un pesadelo para as xogadoras viguesas, ao anotar 24 puntos e atrapar cinco rebotes.

 

Cómoda vitoria para as viguesas na súa cancha ante o Estudiantes. Con estes novos puntos garanten practicamente a permanencia do equipo un ano máis na Liga Feminina. María Pina destacou por parte viguesa.

 

O próximo partido de liga feminina xogarase o sabado día 5 de decembro, a partir das 18.00 e retransmitido polas cámaras de TVG disputarase o partido correspondente á 10 xornada de liga feminina, que nesta ocasión enfrontará ao equipo vigués ao Estudiantes de Madrid.

 

Terceira derrota da tempada para as viguesas que quedan fóra da Copa da Raíña, pola decisión de reducir os equipos a catro.

 

Oitava xornada da Liga de Baloncesto Feminino e nova vitoria do Celta Indepo no Pavillón de As Travesas ante o Argón Uni nun partido non sen moito sufrimento ata os minutos finais. As viguesas xa teñen a permanencia asegurada.

 

O partido que enfrontará mañá ao Celta Indepo co Girona foi designado pola Federación Española de Baloncesto como o partido da xornada. Segundo a análise realizada pola federación este venres (21:00 horas) enfrontaranse o terceiro mellor ataque da Liga, o do Celta, co segundo equipo en captura de rebotes, o equipo catalán.

 
A vitoria conquistada en Sóller coloca ao equipo vigués definitivamente instalado na zona nobre da clasificación da Liga Feminina. A cuarta posición provisional tras os considerados tres equipos "grandes" da Liga, coloca ás xogadoras dirixidas por Miguel Méndez en "pole position" para a clasificación da fase final da Copa da Raíña a celebrar en xaneiro, e certifican cando leva escasamente disputado o 25% da competición que é un dos equipos máis en forma da liga.

 
O Real Club Celta garantiu o seu apoio á exposición conmemorativa do 40 aniversario da formación da sección feminina de baloncesto do club celeste, que en decembro terá lugar no IMD das Travesas. Nunha carta asinada polo presidente da Sociedade Anónima Deportiva, Carlos Mouriño, e remitida ao presidente do Celta Indepo, Paco Araújo, aquel “felicita” ao baloncesto “nunha data tan importante” e agradece “a consideración que tivo co noso club involucrando a nosa presenza nun acto tan sinalado”, indícase na epístola.

 
Vitoria do Celta Indepo no encontro adiantado da xornada do sábado disputado no pavillón de As Travesas na noite de onte. Partido duro ante o Hondarribia Irún que coloca as viguesas máis preto da Copa da Raíña.

 

O Celta Indepo xogará o seu partido da sexta xornada da Liga Feminina o xoves 5 de novembro nas Travesas, para evitar a coincidencia cos Campionatos de Europa sub 21 de taekwondo.

 

As viguesas caeron derrotadas dignamente en Valencia na sempre difícil cancha do Ros Casares por 94-75 na quinta xornada da Liga Nacional de Baloncesto Feminino celebrada no pavillón Fonte San Luís de Valencia.

 

Cuata xornada da Liga Feminina de Baloncesto e terceira vitoria. Partido celebrado no pavillón de As Travesas ante o Canoe con boa entrada e onde as viguesas non defraudaron a súa afección. Partido cómodo para as rapazas de Miguel Méndez onde despregaron o seu mellor xogo. A anécdota da xornada foi a entrega dun ramo de flores a Xema, xogadora durante varias tempadas do equipo vigués que esta vez regresaba a Travesas no equipo contrario.

 

O Memorial Gómez Carballo-Camilo Pérez disputarase en xaneiro, probablemente o día de Reis, ante a imposibilidade de confirmar un equipo europeo de alto nivel para o próximo mes de decembro, como a priori se quería.