Colaboradores

Logotipo RC Celta Baloncesto
RC Celta Baloncesto
Presidente:  Carlos Álvarez Pácios
Oficina:  Avda. Castrelos, 1 (I.M.D.) 36210 Vigo
Horario:  de luns a venres de 18 h. a 20 h.
Liga:  Feminina de Baloncesto 2
Email:  celtabaloncesto@hotmail.com

miguelO Celta Indepo rematou a Liga Feminina en sexto lugar, empatado a puntos co quinto clasificado ao perder na xornada final na pista do Olesa Espanyol por 83-74. E poderá xogar en Europa a tempada 2010/2011.

 

Esta será a xornada que definirá en Liga Feminina a loita polo cuarto posto e a loita por evitar o descenso. Tras dous anos de serenidade no que a sustos e imprevistos resultados refírese, implicámonos na "tranquilidade" da loita pola primeira opción;  a clasificación para xogar os play-offs ou quedar fóra pasa polo resultado de mañá.

 

As próximas datas de Semana Santa serán aproveitadas polas seleccións españolas de formación para concentrarse e seguir preparando os compromisos oficiais de verán.

 

374celtavisitacitroenO equipo feminino de baloncesto Celta Indepo visitou esta semana o Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën acompañado do corpo técnico e directivos do conxunto vigués.

 

Tras a vitoria conseguida na pista de Cortegada, o equipo junior Celta Caixanova alcanzou o título autonómico a falta de 3 xornadas para o final da competición.

 

noemarianoO Celta Indepo perdeu a fin de semana na Seu (87-81) e os seus dous directos rivais, Mann Filter Zaragoza e Sóller, venceron na Liga Feminina de baloncesto. Pero aínda a pesares das catro derrotas consecutivas colleitadas polas xogadoras que adestra Miguel Méndez, poden terminar disputando o play-off polo título, o que non logra o club dende abril do 2005.

 

claudiaXa está todo preparado para a disputa do torneo triangular junior feminino I Memorial Claudia Fernández, que se disputará do 25 ao 27 deste mes de marzo. O mesmo celebrarase no Pavillón de Bouzas, participando Celta Caixanova, Halcón Viajes de Salamanca e Fundiciones Rey Cortegada.

 

discursopierreiannicitroenO primeiro equipo e directiva do Celta Indepo de baloncesto feminino visitarán este martes (11:00 horas) a planta viguesa de PSA Peugeot Citroën, invitados polo director do centro de Vigo, Pierre Ianni. Esta visita é a primeira da etapa bosquista do club, que PSA Peugeot Citroën apoia nas tres últimas tempadas.

 

A próxima semana celébrase en Vigo o memorial da que foi xogadora do Real Club Celta, pertencente ás categorías inferiores, Claudia.

 

As viguesas perderon nun abarrotado pavillón Antonio Magariños de Madrid. Os problemas co rebote foron determinantes na derrota. A próxima xornada volverán xogar a domicilio, será ante o Cadí La Seu D 'Urgel.

 

Empeza a recta final da fase regular da liga; nesta ocasión as rapazas do Celta Indepo viaxan a Madrid, próximo compromiso: Asefa Estudiantes-Celta Indepo. O partido xoga o sabado ás 19.00 horas no Pavillón Antonio Magariños e serán os árbitros Raul Sanchez e Pedro Coladas.

 

As viguesas caeron no seu cancha ante un Rivas moi centrado no partido. Ao Celta Indepo custoulle meterse no encontro. O cadro céltico chegou a remontar quince puntos de desvantaxe no terceiro cuarto. Xa nos últimos 10 minutos de xogo, as madrileñas botaron man de Anna Cruz e lograron levar os puntos do partido.

 

Mañá sábado disputarase o partido correspondente á 21ª xornada de liga feminina; xogará en sábado xa que o equipo visitante estaba a xogar competición europea dentro do prazo estipulado FEB para posibles cambios e por normativa o horario do encontro neses casos impide xogar en venres.

 

Derrota das viguesas en Girona onde fallaron no tiro exterior. Anotaron soamente tres dos dezanove intentos de triplo.

 

Loitando por manter a cuarta praza o Celta Indepo desprázase a terras xerundenses para medirse ao Argon Uni Girona. Mañá a partir das 10.00 horas viaxará o equipo cara a Cataluña onde xogará o partido correspondente á xornada 21 o domingo día 28 ás 18.00 horas.; regreso o luns pola mañá.

 

Vitoria del Celta en As Travesas ante o Soller por 84-70 e derrota do Mann Filter ante o Ros, o que posibilita ás viguesas colocarse na cuarta posición da táboa para estar na fase final polo título de liga. A pesar das baixas, o equipo de Miguel Méndez foi superior cunha María Pina extraordinaria.

 

Paso de xigante para disputar a fase final polo título de liga. Importante vitoria do Celta Indepo en Irún ante o Hondarribia e derrota do Mann Filter de Zaragoza en Madrid ante o Canoe. O próximo venres as viguesas reciben en As Travesas ao Soller, mentres que o conxunto aragonés se mide ao Ros Casares.

 

Importante encontro para o próximo fín de semana; un bo choque que hai que seguir con moita atención pola relevancia clasificatoria que pode ter para o Celta Indepo ante un equipo que vén de perder por tan só 3 puntos fronte ao Rivas.

 

O próximo día 3 de Marzo celebrarase a 11ª Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca, no Centro Cultural Caixanova, na que o R.C. CELTA- BOSCO estará representado.

 

O Celta Indepo perdeu onte ante o líder nun complicado partido onde as valencianas dominaron na primeira parte, xa na segunda metade, as locais tutearon ás visitantes.