Colaboradores

Logotipo RC Celta Baloncesto
RC Celta Baloncesto
Presidente:  Carlos Álvarez Pácios
Oficina:  Avda. Castrelos, 1 (I.M.D.) 36210 Vigo
Horario:  de luns a venres de 18 h. a 20 h.
Liga:  Feminina de Baloncesto 2
Email:  celtabaloncesto@hotmail.com
luisaTres xogadoras de Miguel Méndez, adestrador do Celta Indepo (Liga Feminina de baloncesto), competiron este sábado na quinta xornada do Preeuropeo. As Tres foron titulares coas seleccións do seu país. Luisa Michulkova, convocada por Eslovaquia ante Gran Bretaña en Birmingham, Iva Sliskovic con Croacia en Gospic fronte a Bélxica e Leonie Kooij en Almere ante Italia.

 
brazil10Gran sábado (e madrugada do domingo) para o Celta Indepo. Carlos Colinas, director deportivo do club vigués da Liga Feminina de baloncesto, alcanzou o título suramericano feminino ao vencer no Centro de Adestramento Olímpico de Santiago de Chile a Arxentina por 68-94 (42-40 ao descanso).

 
luisaO Celta Indepo pon en xogo este sábado a unha nova compoñente do seu equipo 2010/2011 no Preeuropeo de seleccións absolutas. A eslovaca Luisa Michulkova (26 anos, 1,77), fichada en xullo pasado do Kosice, disputa ata setembro o grupo D da liguiña clasificatoria para o Eurobasket de 2011.

 
kooij2010O Celta confirmou a incorporación de Leonie Kooij (Den Helder, 1986) e coa internacional holandesa pecha o seu equipo para a Liga Feminina 2010/2011.

A aleiro holandesa Leonie Kooij , de 1,88 metros, relevará a saída de María Pina e completará o equipo do Celta Indepo, como anunciou o 28 de xullo o portal de internet www.ibasketball.nl, web adicada ao deporte da canastra nos Países Baixos e Bélxica.

 
kooij00A aleiro holandesa Leonie Kooij relevará a saída de María Pina e completará o equipo do Celta Indepo, segundo anúnciase dende o portal de internet www.ibasketball.nl, web adicada ao deporte da canastra nos Países Baixos.

 

fotoSegunda fichaxe para o Celta Indepo. O conxento bosquista conta coa reincorporación dunha xogadora viguesa, a pivot Déborah Rodriguez, de 1,87 de estatura e nacida o 22 de xaneiro de 1989.

Rodríguez procede do Codigalco Carmelitas, equipo de Liga Feminina 2 do Vedruna de Ourense, no que estivo a pasada campaña.

 

 

luisamichulkovaA directiva do Celta Indepo segue traballando para configurar o equipo da vindeira campaña, ás xa anunciadas renovacións da maior parte do equipo do ano pasado temos que engadir a fichaxe dunha nova xogadora, a checa Luisa Michulkova, procedente do Good Angel Kosice.

 

draganaA xunta directiva do Celta Indepo pechou a renovación de Dragana Svitlica para a próxima tempada 10/11. A ala-pívot bosníaca cumprirá así a súa cuarta campaña coa elástica celeste, tras a súa chegada a Vigo no ano 2007.

 
migueloO Celta Indepo comezará a Liga Feminina 2010/2011 en Pamplona (Navarra) o 10 de outubro e o derbi galego ante o Extrugasa arousán está fixado para o 20 de novembro en Vilagarcía. Ademais, a visita a Vigo do campión de Liga e Copa, Ros Casares, producirase o 29 de xaneiro de 2011.

 

blancamarcosSeguindo co capítulo de renovacións confírmase a continuidade de Blanca Marcos, de 24 anos e nacida en Salamanca, Blanca foi durante moitos anos o referente da canteira salmantina de Perfumerías Avenida pasando dende a súa chegada a Vigo a ser peza fundamental para a boa marcha do equipo celeste durante os últimos anos.

 

ivaDespois de renovar a Egle Stakneviciene, Noemí Jordana e Marina Delgado chega a cuarta continuidade no Celta Indepo. A pivote croata Iva Sliskovic seguirá vestindo de celeste a vindeira tempada.

 
mmccFin do XXX Campionato de España de baloncesto junior feminino, celebrado este días na localidade asturiana de Mieres.

 
nenas1O Celta Caixanova enfrontarase este venres ao Ros Casares levantino en partido de cuartos de final do XXX Campionato de España junior de baloncesto feminino.

No día de hoxe o equipo galego tivo xornada de descanso, tras xogar martes e mércores.

 

Un ano máis, o equipo junior do RC.Celta-Bosco estará entre os doce mellores equipos do estado na súa categoría. Tras a disputa da fase de intersector en Cantabria, as xogadoras dirixidas por Miguel Méndez e Manu Martín alcanzaron unha das dúas prazas que daban acceso á fase final. As celestes finalizaron invictas tras derrotar a Pontumio, Aros León, Luanco e Cortegada.

 

celtacaixanovamayo2010O equipo junior Celta Caixanova clasificouse para participar no Campionato de España que se celebrará en Mieres (Asturias) do 18 ao 23 de Maio.

 

Hoxe disputouse a 3ª xornada do intersector junior feminino (Astillero), o equipo de Miguel Méndez venceu e mañá domingo, ás 10,00 horas xogarán a última xornada; os gañadores dos dous encontros que se disputarán serán os que acompañarán ao xa clasificado CD GRH-BASKET MAR GIJÓN ao Cpto de España.

 

Bo resultado do equipo junior no intersector que se esta celebrando en Astillero. No encontro celebrado esta mañá, ás 10.00 horas, as de Miguel Méndez venceron por un contundente 71-42 ao Aros de León, segundo clasificado de Castilla.

 

campeonas-galegas-junior-20Do 29 de abril ao 2 de maio disputaranse as catro fases interautonómicas na categoría junior feminina, o último chanzo antes da disputa da gran final; catro días durante os que 32 equipos loitarán por pasar o corte á Fase Final do Campionato de España Junior Feminino a celebrarse en Mieres do 18 ao 23 de Maio; só 2 equipos do grupo Norte tedrán pase á Fase Final.

 
pilarPilar Valero, capitá do Celta Indepo de baloncesto feminino, pasará polo quirófano este venres no Hospital Montecelo de Pontevedra. O doutor Ángel Echeverri someteraa a unha substitución protésica do disco intervertebral (é dicir, colocaranlle un disco artificial) e fixará a quinta vértebra lumbar (L5) e a primeira vértebra sacra (S1), onde xa sufrira unha hernia discal tempo atrás.

 
celtajunior1O Celta Caixanova xa coñece os seus rivais para a fase interautonómica do Campionato de España junior de baloncesto feminino, do 29 de abril ao 2 de maio.