Colaboradores

Logotipo RC Celta Baloncesto
RC Celta Baloncesto
Presidente:  Carlos Álvarez Pácios
Oficina:  Avda. Castrelos, 1 (I.M.D.) 36210 Vigo
Horario:  de luns a venres de 18 h. a 20 h.
Liga:  Feminina de Baloncesto 2
Email:  celtabaloncesto@hotmail.com

leyre_carrascosa O R.C. Celta de baloncesto chegou a un acordo co conxunto Universidad de Valladolid, participante en la Liga Feminina-2, para que a xogadora viguesa Leyre Carrascosa dispute a próxima tempada en calidade de cedida no equipo valisoletano.

 

celtaDurante esta semana van chegando as xogadoras que comezan a pretempada baixo as órdenes de Carlos Colinas. Tras a chegada de Marina Delgado, a segunda será Leonie Kooij, aterrou onte en Vigo ás 16.50 no voo procedente de Madrid; e hoxe chegará ás 21.35 Maja Vucuroviv (en voo procedente de Barcelona) e por último, por estrada chegan Sara e Anna.

 

annagomezO club celeste anuncia a súa nova incorporación á plantilla. Trátase da base Anna Gómez que volve á Liga Feminina tras a paréntese dunha tempada na que disputou a competición de Liga Feminina 2 co Universitario de Ferrol. Con 130 partidos acumulados en Liga Feminina (fase regular, copa da raíña e eliminatorias) a súa experiencia e valía están máis que contrastadas.

 

478611_2A xogadora americana, Demetress Adams, nova fichaxe do Celta de Baloncesto. Procedente do Extrugasa de Vilagarcía, únese así ás recentemente renovadas da pasada tempada, Sara, Deborah e Marina e a incorporación de María Centeno, das categorías inferiores, no equipo que vai tomando forma para a próxima campaña.

 

marina-delgadopequenaSeguindo co capítulo de renovacións o C.D Bosco - R.C. Celta renovou a base Marina Delgado para a tempada 2011-12.

 

maria-centeno-214x300A inscrición en liga feminina, tras un longo período de incerteza durante as últimas semanas, e o sorteo do calendario o pasado día 18, nas dependencias da Federación Española de Baloncesto, son parte das novidades do equipo celeste dos últimos días.

 

logoctbaloncesto2011Entramos na semana final para o XXVII Campionato de España de baloncesto feminino infantil que se vai celebrar na nosa cidade do 19 ao 25 de xuño. Foron moitas semanas de traballo, reunións, nervios por parte do RC Celta de baloncesto co obxectivo de preparar un gran campionato que estea á altura dos participantes e os acompañantes ao evento.

 

cartelxuno2011O próximo domingo día 19 comeza o 27 Campionato de España Infantil Feminino de baloncesto no que participa o Celta Maristas Novacaixagalicia. O evento, que se celebra en Vigo, contará coa participación do os mellores 32 equipos de España que por clasificación obtiveron unha praza.

 

O Celta Baiona Novacaixagalicia fíxose coa única praza de ascenso a 1ª División Feminina na mañá de onte tras vencer ao Arxil na Final na fase de ascenso disputada en Avilés.

 

indepoCoa vitoria do sábado en terras canarias (67-70) e a derrota de Navarra ante Hondarribia o Celta Indepo aseguraba a súa permanencia en Liga Feminina un ano máis.

 
celtadiciembre2010Ao gañar na Paterna ao Gran Canaria 2014 (67-70), o Celta Indepo selou de forma matemática a súa permanencia na Liga Feminina, na que o Club Deportivo Bosco mantén a súa presenza ininterrompida dende 1996.

Son quince anos consecutivos na elite, o que só dous clubs máis, Perfumerías Avenida e La Caja de Canarias, acadaron esa regularidade.

 

amfivcarreraO Aldasa Amfiv atópase xa en Marbella para afrontar este fin de semana a súa participación na Copa do Rei de baloncesto en cadeira de rodas, unha competición na que os vigueses, a pesar de estar encadrado na parte máis complicada do cadro, esperan facer un bo papel.

 

noe2011O RC Celta Indepo viaxa a Canarias para enfrontarse ao Sandra Canaria nun partido decisivo para a permanencia na máxima categoría. O conxunto insular é un clásico da competición. Leva ininterrompidamente xogando na máxima categoría nacional dende a tempada 1983-84, recollendo a tradición do baloncesto canario.

 

saraTramo final da Liga, o venres o Celta Indepo desprázase a Canarias onde disputará un importantísimo encontro de cara ao seu inmediato futuro. Tres son os actualmente os equipos implicados na loita pola permanencia e das tres próximas e últimas xornadas dependerá a permanencia dun e despedida da máxima categoría de dous deles.

 

noe2011Tras o derbi galego da pasada fin de semana entre o Celta Indepo e o Extrugasa, que se saldou coa sorte a favor das viguesas, as celestes están esperanzadas de cara a conseguir a salvación da categoría.

 

luisamichulkovacelta2011.2O RC Celta Indepo viaxa no día de hoxe  con destino a Zaragoza. As viguesas saíron en autocar na madrugada e teñen prevista a súa chegada ao hotel sobre as 11.00 horas.

 
miguelO Celta Indepo xógase este sábado (17:00 horas) na provincia de Lleida moitas posibilidades de tomar aire na loita pola permanencia. As de Miguel Méndez xogan enfróntanse á La Seu, penúltimo clasificado, ao que avantaxan nunha vitoria (5-11 fronte a 4-12). Esta xornada 17 será ademais de gran transcendencia porque os catro de abaixo, Celta incluído, miden forzas entre si.

 

miguelO Celta Indepo xoga esta fin de semana en La Seu tras unha longa viaxe que comeza hoxe ás 23.00 horas en autocar cara a terras catalás.

 

kooij2010A falta das probas médicas que confirmen o diagnóstico, a eslovaca Luisa Michulkova será baixa para a visita de Celta Indepo a Valencia no día de hoxe. A xogadora non puido finalizar a sesión do martes con grandes molestias no seu tendón de aquiles.

 
noe2011Mentres o Celta Indepo pechará xaneiro na pista do colíder Ros Casares, As Travesas prepárase para un mes de febreiro en que se converterá na referencia crave das xogadoras que adestra Miguel Méndez para buscar a permanencia.